Trabada, 27 de xullo de 2026. A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes achega 36.000 euros para renovar a cuberta do pavillón polideportivo municipal de Trabada, a través da orde de axudas a concellos para mellorar infraestruturas públicas.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou as instalacións, onde explicou que a Administración autonómica financia a obra de renovación da cuberta do edificio que alberga os vestiarios e o ximnasio. A actuación vai encamiñada especialmente a reparar os danos ocasionados por un incendio xerado hai uns meses no interior do recinto.
O delegado salientou a importancia desta colaboración, xa que se trata dun espazo deportivo moi demandado, que en horario escolar é empregado polo alumnado do CEIP Celso Currás de Trabada e fóra desa franxa dá servizo ao resto da veciñanza.
Nova caldeira no CEIP
Villares tamén comprobou o resultado dos traballos executados este verán no colexio, situado ao carón do pavillón, onde a Xunta aproveitou o período non lectivo para cambiar a caldeira de gasóleo por outra nova.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP investiu 17.500 euros nesta renovación, dentro do Plan Ben_estar na Escola 2026. Este programa permite avanzar na modernización dos colexios e institutos da provincia con obras de pequena ou mediana envergadura, pero moi necesarias para o funcionamento diario dos centros.
Mellora doutros servizos
Por último, en relación co apoio da Xunta para seguir impulsando servizos municipais, Villares tamén explicou que o Goberno galego vén de aprobar unha achega de 26.600 euros ao Concello de Trabada para mellorar a rede de alumeado público nos núcleos da Igrexa, O Outeiro e A Pereira; e outra de 16.500 euros para adquirir unha desbrozadora e trituradora semilateral destinada a diferentes traballos municipais. Ambas se enmarcan no Fondo de Compensación Ambiental – liñas competitiva e non competitiva, respectivamente -.

























Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.



