Foz, 29 de xullo, 2026. As Xornadas de Historia de Foz clausúranse este 30 de xullo ás 20:30 na Casa da Cultura de Foz cunha palestra do doutor en Historia Xabier Buxeiro titulada “A represión na Mariña: vítimas e verdugos”. Buxeiro, natural de Ribadeo, presentou en 2023 unha tese de doutoramento titulada Golpe, Guerra e violencia na Galiza de 1936. Un estudo desde o norte da provincia de Lugo, que mereceu a cualificación de cum laude polo tribunal que a xulgou na Universidade de Santiago de Compostela.
Buxeiro achegarase á represión franquista nos partidos xudiciais de Ribadeo, Mondoñedo, Viveiro e Vilalba, que se corresponden cos concellos das comarcas da Mariña e da Terra Chá. Neste sentido, repasará o funcionamento do aparato represivo na comarca da Mariña, pondo a vista nas vítimas do terror franquista mais tamén nos vitimarios. Precisamente, os verdugos son os grandes ausentes no relato memorialista, algo que non acontece coa investigación histórica de Buxeiro.
O historiador ribadense sinala que nos partidos xudiciais de Ribadeo, Mondoñedo, Viveiro e Vilalba foron asasinados polos franquistas 104 persoas entre 1936 e 1939. 75% das mortes concéntrase nos concellos da Pontenova, Viveiro de Ribadeo, con 14, 31 e 33 persoas executadas. Ao tempo, os municipios de Cervo e Mondoñedo suman catro vítimas mortais, Pastoriza e O Vicedo tres, Cospeito, Guitiriz, Muras, Ourol e Vilalba e Burela e O Valadouro unha. Porén, a represión continuou nos anos 40, sendo importante os asasinatos ligados á persecución da actividade guerrilleira.
A represión franquista na Mariña non se limitou aos asasinatos. A este respecto, a represión franquista, segundo os datos achegados por Buxeiro, afectou nos concellos dos partidos xudiciais de Ribadeo, Mondoñedo, Viveiro e Vilalba un mínimo de 659 persoas, sendo Viveiro con 227 e Ribadeo con 126 os municipios con máis homes e mulleres perseguidos polos fascistas. Ao tempo, o traballo repara noutras tipoloxías represivas que afectaron a persoas residentes na comarca.
O traballo de Buxeiro repara nos vitimarios. Un dos nomes que aparece na súa investigación é o do delegado de orde pública en Ribadeo e tenente de liña da Garda Civil na localidade, Juan Araguren Ponte. Na mesma dirección, explica a participación en asasinatos paralegais de integrantes da milicias falanxistas en diversos puntos da comarca, como Ribadeo ou Viveiro.
A XXIX edición das Xornadas de Historia de Foz coinciden este ano co 90 aniversario do golpe militar fascista de xullo de 1936. Neste sentido, a organización quixo centrar as palestras en diferentes aspectos da represión franquista na Galiza e na comarca da Mariña así como nos episodios de resistencia ao réxime. A este respecto, foron a primeira ocasión nestes 29 anos que as palestras tiveron un carácter monográfico.
A Pomba do Arco prepara para 2027, ano no que se cumpre a XXX edición das Xornadas de Historia de Foz unha programación moi especial que busca volver e recuperar algúns dos temas tocadas ao longo destas tres décadas con novas cuestións que fican aínda pendentes de divulgación análise. Na mesma dirección, os relatores serán algúns dos participantes nas primeiras edicións con novas persoas que se estrearán nas xornadas.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



