Lourenzá, 30 de xullo de 2026. A praza do Conde Santo acolleu onte, mércores, unha nova actividade enmarcada no programa Verán na Praza, unha iniciativa impulsada por primeira vez polo Concello de Lourenzá en colaboración co tecido asociativo do municipio. Nesta ocasión a actividade estivo dedicada á seguridade viaria e reuniu a numerosos nenos e nenas, acompañados das súas familias, nunha xornada que “resultou todo un éxito de participación. Ao longo da sesión, os asistentes puideron aprender, dun xeito práctico e ameno, diferentes aspectos relacionados coa seguridade viaria, adquirindo coñecementos e hábitos que lles serán de gran utilidade no seu día a día”, explica a alcaldesa, Rocío López.
A actividade foi organizada pola Asociación Vespas Faba Clásicos de Lourenzá e contou coa colaboración do xefe da Policía Local do Concello de Foz, Jesús Amor Prieto, que “contribuíu ao desenvolvemento da xornada coa súa experiencia e coñecementos”.
O Concello de Lourenzá amosa “a súa satisfacción pola excelente acollida que está a ter o programa Verán na Praza, que está a cumprir o seu obxectivo de dinamizar a vila durante os meses de verán e ofrecer propostas de lecer para todas as idades”. E agradece “a implicación da asociación Vespa Faba Clásicos e, por extensión, de todas as asociacións de Lourenzá que están a participar nesta iniciativa, así como a colaboración de Prieto, o xefe da Policía Local do Concello de Foz, pola súa disposición para facer posible esta actividade”.
Desde o goberno municipal destacan que “é unha satisfacción ver como Lourenzá se enche de vida durante o verán, cunha programación que dinamiza o municipio e ofrece tanto á veciñanza como aos visitantes unha ampla variedade de actividades. O feito de que cada asociación organice unha proposta diferente permite que os máis pequenos poidan gozar de experiencias diversas, enriquecedoras e adaptadas a distintos intereses, convertendo Verán na Praza nun programa participativo e de gran valor para o municipio”.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



