O Ministerio segue sen explicar os motivos polos que atrasa a instalación dun sistema de seguridade que prometeu hai máis dunha década
A Mariña, 1 de agosto de 2026. Coa intensificación dos episodios de néboa que volven afectar ao alto do Fiouco, o senador lucense do Partido Popular, José Manuel Balseiro, reclamou de novo ao Goberno de España que cumpra o mandato aprobado polo Senado e execute, sen máis demora, a instalación do sistema de guiado mediante balizamento láser no tramo da A-8 entre Abadín e Mondoñedo.
Balseiro lembra que a Comisión de Transportes do Senado aprobou o pasado mes de maio, por maioría, unha iniciativa impulsada polo Grupo Popular na que se insta ao Executivo a implantar de maneira urxente esta tecnoloxía, considerada polo propio Ministerio como a solución máis eficaz para mellorar a seguridade viaria en condicións de moi baixa visibilidade. A iniciativa saíu adiante malia a abstención do PSOE.
“O problema xa non é técnico, senón político”, asegura o senador lucense, quen lembra que foi o propio Ministerio quen validou esta solución tras un concurso de ideas promovido hai máis dunha década. “Se daquela se concluíu que era a mellor alternativa, resulta incomprensible que o Goberno siga adiando unha actuación que pode evitar accidentes e salvar vidas”, afirma.
O senador considera especialmente preocupante que, mentres se multiplican os episodios de néboa, este tramo da Autovía do Cantábrico continúe sen unha infraestrutura de seguridade comprometida desde hai anos, obrigando aos condutores a circular nun dos puntos máis complexos da A-8 sen contar coa tecnoloxía que o propio Estado considera necesaria.
Balseiro lembra que as actuacións executadas ata o momento, como as balizas luminosas, os paneis de información variable ou os sistemas de desvío do tráfico, contribuíron a reducir o número de peches da autovía. Porén, insiste en que “seguen sendo medidas parciais e insuficientes”. “O sistema de guiado láser é o único que permite orientar aos condutores cando a visibilidade é practicamente nula, polo que non existe ningunha razón para continuar adiando a súa instalación”, subliña.
Ao mesmo tempo, lamenta que o Ministerio continúe sen ofrecer explicacións sobre os motivos deste novo atraso nin un calendario concreto para executar unha actuación anunciada hai máis de dez anos e respaldada agora por un acordo do Senado. “Os veciños da Mariña e todos os usuarios da A-8 merecen algo máis que silencio e promesas incumpridas”, sinala.
O senador lembra tamén que a iniciativa aprobada pola Cámara Alta non se limita á instalación do sistema de guiado láser, senón que reclama ampliar o ámbito das balizas antinéboa, reforzar os sistemas de detección e análise meteorolóxica e adoptar todas aquelas medidas necesarias para garantir unha circulación segura neste tramo da Autovía do Cantábrico.
“Cada episodio de néboa volve demostrar que esta actuación segue sendo unha prioridade. O Goberno xa non pode escudarse en máis estudos nin en máis escusas. Ten un mandato claro do Senado e a obriga de cumprilo o de explicar por que non o fai”, conclúe José Manuel Balseiro.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



