Cervo, 2 de agosto, 2026. Cervo, Sargadelos e A Mariña volveron reunirse este sábado arredor da memoria do fenómeno cultural de Sargadelos nunha xornada festiva e emotiva. A II Xornada Isaac, Sargadelos converteu de novo o recinto histórico nun espazo de encontro e celebración, dedicado nesta edición á figura imprescindible de Carmen Arias, Mimina, creadora, deseñadora e compañeira inseparable de Isaac Díaz Pardo.
O recinto das antigas Carboeiras, cedido polo Concello de Cervo, acolleu o 1 de agosto unha exposición sobre a traxectoria vital e artística de Mimina. Os paneis, facilitados polo Concello de Sada, recuperan a mostra organizada en 2021 con motivo do centenario do seu nacemento, baixo a dirección de María América Díaz e Cecilia Díaz Betz.
A exposición complétase con pezas cedidas pola familia Díaz: trapices de inspiración surrealista, medallas e placas de cerámica, vaixela infantil e diverso material fotográfico e audiovisual sobre a vida e obra de Mimina e Isaac, que espertaron a curiosidade e admiración das centos de persoas que visitaron Sargadelos.
A profesora e divulgadora Maka Arca, apaixonada estudosa do fenómeno Sargadelos, abriu o acto coa lectura de Man a man, poema dedicado a Isaac polo seu amigo Claudio Rodríguez Fer.
Posteriormente, Cecilia Díaz Betz, neta de Mimina e Isaac, fotógrafa, documentalista e investigadora da súa obra, guiou o público pola exposición explicando a historia de cada fotografía e peza procedente do arquivo familiar. A súa intervención combinou rigor investigador e emoción persoal, destacando imaxes inéditas que revelan o carácter vangardista da creación de Mimina. Tamén avanzou detalles do seu proxecto cinematográfico, Hoxe e o resto do mundo, que se estreará este outono e que percorre a historia de Isaac, Mimina e Sargadelos coa participación de numerosas ex traballadoras e veciñas de Cervo.
A charla derivou nun diálogo emotivo co numeroso público que enchía a sala das Carboeiras.
Ao mediodía regresaron as tradicionais merendas populares na contorna do recinto histórico, amenizadas pola música de Xaora, trío de pandeireteiras de Xove, que encheron de alegría o espazo situado ao pé do canal centenario.
A sesión da tarde comezou cunha conferencia de María Ripoll, nora de Mimina e principal colaboradora no seu obradoiro de xoiaría. Ripoll destacou o papel da artista como deseñadora e iniciadora da división de xoiaría en Sargadelos, presentando deseños inéditos que revelan a súa contribución esencial ao proxecto cultural. Moitas das súas creacións continúan comercializándose na actualidade.
A historiadora da arte Iria-Friné Rivera analizou o contexto político e cultural europeo de entreguerras que influíu na formación de Isaac e Mimina. Explicou como o progresismo da República de Weimar, a incorporación da muller ao mercado laboral e as vangardas como a Bauhaus ou o construtivismo ruso marcaron a estética e organización de Sargadelos como empresa difusora de cultura.
Pecharon o ciclo de conferencias Ana Fontenla e Celina Fernández Ponte, dramaturgas de Isto tamén é Sargadelos, produción do Centro Dramático Galego que se estreará en febreiro de 2026. O proxecto é froito de anos de investigación sobre as múltiples facetas do legado de Isaac e Mimina, co obxectivo de evitar o esquecemento e destrucción da súa obra e reivindicar a súa inmensa contribución á cultura galega.
A música do trío DOA, con Xoan Píñón, Susana de Lorenzo e Fran Castro, puxo o broche final cunha reinterpretación contemporánea de música antiga fusionada co folclore. No marco ideal da sala das Carboeiras, rodeados pola obra e memoria de Mimina, a actuación converteuse na mellor despedida dunha xornada marcada pola beleza, a cultura e o compromiso coa memoria de Sargadelos.
A organización anunciou que o próximo ano volverán celebrar esta cita para resistir á desmemoria e ao mercantilismo que ameaza o legado de Sargadelos.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



