A Mariña, 4 de agosto, 2026. A empresa Guía tu día, dirixida pola guía oficial Ana Pena, organiza durante o mes de agosto un novo ciclo de visitas guiadas co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio cultural, histórico e natural da Mariña Lucense a través de percorridos interpretativos pensados tanto para visitantes como para a propia veciñanza.
O programa arrancará o domingo 9 de agosto en Rinlo, cun paseo polo litoral para descubrir a historia desta emblemática vila mariñeira, a tradición do percebe, as antigas cetáreas e a estreita relación da súa poboación co mar.
A seguinte cita será o luns 10 de agosto en Mondoñedo, onde as persoas participantes percorrerán o casco histórico para coñecer os seus principais monumentos, personaxes ilustres, tradicións e curiosidades. A actividade inclúe tamén a visita á Catedral de Mondoñedo, declarada Patrimonio da Humanidade, aínda que a entrada ao templo (5 euros) non está incluída no prezo da visita.
O xoves 13 de agosto, a proposta trasladarase a Foz, cun roteiro para interpretar a evolución do seu porto e da actividade marítima, que rematará coa visita á exposición Somos Mar, un espazo que pon en valor o patrimonio marítimo e a memoria das xentes do mar.
O ciclo concluirá o domingo 16 de agosto en Alfoz, cunha visita ao Castelo de Castrodouro para coñecer a historia e a lenda do Mariscal Pardo de Cela, seguida dun percorrido polo Museo Etnográfico da Finca Galea, un dos espazos máis singulares da comarca para comprender a importancia da auga na vida tradicional galega.
As catro actividades teñen un prezo de 12 euros por persoa e realizaranse cun mínimo de cinco participantes.
Segundo explica a responsable de Guía tu día, esta iniciativa nace coa intención de “achegar o patrimonio da Mariña dun xeito próximo e ameno, convertendo cada visita nunha experiencia para comprender mellor este territorio”.
As reservas e a información poden realizarse no teléfono 654 99 68 57.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



