Ribadeo, 8 de agosto, 2026. Os Torneos Emma Cuervo enchen de fútbol Ribadeo no municipal Pepe Barrera.
A primeira cita foi este venres co VI Torneo Feminino Emma Cuervo, que disputaron o Real Club Deportivo da Coruña e o Real Sporting de Gijón con vitoria galega por 9-0.
E o día 13 terá lugar o LXXV Torneo Masculino Emma Cuervo no que se medirán o Racing Club Ferrol e o Real Avilés Industrial tamén ás sete da tarde.
O concelleiro de Deportes, Francisco José SIlvent, dixo: “estes importantes torneos futbolísticos encherán a nosa vila de afeccionados de todos os equipos que nos van visitar. Agardamos que gocen do fútbol e de todos os atractivos do noso concello”.
O edil ribadense agradeceu “o traballo do Ribadeo FC para que esta clásica cita se manteña así como a colaboración e a coordinación co Concello para ofrecer o mellor espectáculo no campo e a mellor imaxe da nosa vila a quen nos visita. Agardamos poder disfrutar, coma sempre, dun bo ambiente, de sana rivalidade e esperamos que se rexistre unha boa entrada, por que redundará en beneficio do club organizador”.
E engadiu: “animamos a toda a xente de Ribadeo e dos concellos limítrofes a asistir ao Torneo Emma Cuervo e tamén aqueles visitantes amantes do fútbol que se atopen de vacacións pola zona”.
Na presentación participaron o presidente do Ribadeo FC, Valentín Coto, o director territorial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o alcalde ribadense, Dani Vega, e os concelleiros de Deportes e Igualdade, Francisco José Silvent e Begoña Sanjurjo.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



