Nota de prensa:
CONCURSO DE POSTAIS 2010-2011
Hoxe, víspera de Reis e unha vez rematada a Cabalgata polo Pobo de Xove, os Reis Magos realizaron a entrega de Premios do CONCURSO DE POSTAIS 2010-2011 que a Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou dentro do Programa da Nadal deste ano. Este acto de entrega foi realizado po los Reis Magos no Salón de Actos do Centro Cívico aos seguintes premiados/as:
1º.- Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º Premio: JUDITH SUÁREZ AZOGUE
2º Premio: HÉCTOR FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
3º Premio: XENXO SALGUEIRO FRANCO
2º.- Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º Premio: ÁNGEL OTERO PIGUEIRAS
2º Premio: CANDELA FERNÁNDEZ LÓPEZ
3º Premio: XOEL RAMOS DAYÁN
3º.- Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º Premio: MATEO FERNÁNDEZ LÓPEZ
2º Premio: NOEL QUELLE MARTÍNEZ
3º Premio: DAVID OTERO PIGUEIRAS
4º.- Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º Premio: PAULA COCIÑA MEITÍN
2º Premio: PEDRO GARCÍA LOUZAO
3º Premio: ANDREA DÍAZ RODRÍGUEZ
5º.- Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º Premio: ALEJANDRA ANDREA LAZA
2º Premio: CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA
3º Premio: BRENDA SUÁREZ AZOGUE






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



