A Mariña, 6 de agosto, 2026. O Festival Bal y Gay levantou este mércores día 5 de agosto o pano da súa 13ª edición coa actuación de Vox Luminis na Catedral de Mondoñedo ante un público entregado que encheu por completo un dos espazos patrimoniais máis emblemáticos de Galicia. A presenza do conxunto belga, dirixido polo seu fundador Lionel Meunier, sitúa desde o primeiro día o listón artístico dunha edición que se presenta como a máis internacional da historia do festival. ‘Falla Imaginado’, de Moisés P. Sánchez, tomará o relevo este xoves día 6 de agosto en Alfoz no segundo dos 14 concertos programados ata o próximo día 21. Vox Luminis, referencia mundial da interpretación historicista, protagonizou así o primeiro dos 14 concertos que percorrerán A Mariña e Lugo ata o próximo día 21 de agosto.
A formación, fundada en 2004, construíu unha traxectoria internacional excepcional arredor da música inglesa, italiana e alemá dos séculos XVI a comezos do XVIII, cunha identidade sonora recoñecible e unha extraordinaria experiencia interpretativa no repertorio barroco. A súa traxectoria discográfica e os seus dous premios Gramophone, ademais doutros recoñecementos internacionais, avalan unha carreira que a levou a escenarios como o Wigmore Hall de Londres, a Elbphilharmonie de Hamburgo ou o Lincoln Center de Nova York, así como a festivais de referencia como Oude Muziek Utrecht, Bachfest Leipzig ou Salzburger Festspiele.
UNHA ACTUACIÓN QUE REIVINDICA A EXCELENCIA DO GRUPO VOCAL BELGA
A súa actuación confirmou as cualidades que converteron Vox Luminis nunha formación de referencia: unha extraordinaria precisión no conxunto, equilibrio entre as distintas voces, claridade das liñas polifónicas, beleza tímbrica e unha especial atención á palabra e á expresión. A crítica adoita enxalzar en Vox Luminis a conxunción milimétrica, a calidade e naturalidade das súas voces, a transparencia da emisión, o rigor das súas lecturas e a dirección de Lionel Meunier, caracterizada pola naturalidade, a coherencia e unha expresividade ao servizo do texto.
Todas esas virtudes atoparon ademais un marco excepcional na Catedral de Mondoñedo. O público respondeu con entusiasmo a unha proposta que converteu a catedral nun verdadeiro espazo de escoita e experiencia musical. Declarada Ben de Interese Cultural e Monumento Nacional, a Catedral Basílica da Asunción constitúe un dos grandes tesouros patrimoniais da comarca: un templo iniciado no século XIII sobre unha base románica, transformado ao longo dos séculos con elementos góticos e barrocos e que conserva, entre outros elementos, pinturas murais, órganos, un retablo rococó, claustro e museo catedralicio.
A elección deste escenario para inaugurar o festival representa, ademais, de maneira especialmente clara, a filosofía do Festival Bal y Gay: achegar propostas artísticas de máximo nivel internacional a espazos patrimoniais cunha personalidade propia e facer que a música permita descubrir tamén o territorio. Esa combinación entre excelencia artística, patrimonio e contorno constitúe unha das sinais de identidade dun proxecto que medrou de maneira constante desde os seus comezos.
“ESTA APERTURA RESUME O QUE QUEREMOS QUE SEA NUESTRO FESTIVAL”
“Abrir esta 13ª edición con Vox Luminis es todo un privilegio. Que una formación de esta dimensión internacional inaugure nuestra edición más internacional y lo haga además en la Catedral de Mondoñedo resume perfectamente lo que queremos que sea el Festival Bal y Gay: excelencia artística, patrimonio y territorio unidos en una misma experiencia”, sinala Alba Rodríguez, directora do festival. “Hoy hemos vivido precisamente eso: una Catedral llena, un público emocionado y una formación extraordinaria que demuestra que los grandes nombres de la música clásica pueden encontrarse con nuestros espacios y con nuestro territorio de una manera única”, engade.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



