Xove, 7 de agosto, 2026. O Concello de Xove vén de reforzar de maneira significativa a súa rede de cardioprotección coa adquisición de tres desfibriladores automáticos Mindray de última xeración, nun investimento de arredor de 4.000 euros. A entrega do material foi realizada por Camilo, de Emergal Ensino S.L. (Mondoñedo), e contou coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro e das concelleiras Dolores Meitín, Cristina Iglesias e Cecilia Duarte.
Ademais dos tres desfibriladores, o investimento inclúe dúas bolsas de intervención equipadas con parches e mascarillas para actuacións de emerxencia.
Ampliación da cobertura municipal
Con esta incorporación, o Concello completa a rede xa existente, que contaba con dous desfibriladores: un na Piscina Municipal, e outro no vehículo dos vixiantes municipais, que permite desprazalo rapidamente a calquera punto do municipio.
Os novos equipos distribuiranse do seguinte xeito:
– Salón de Actos Municipal: instalación dun desfibrilador fixo nun espazo que acolle numerosos eventos con gran afluencia de público.
– Pavillón Municipal: colocación dun desfibrilador fixo nun lugar de intensa actividade deportiva e social.
– Mochila portátil de emerxencias: destinada a dar cobertura ás festas, eventos culturais, deportivos e actividades nas diferentes parroquias.
Equipos máis modernos e maior formación
Os desfibriladores Mindray destacan por ser dos máis avanzados do mercado: son totalmente automáticos, detectan de forma autónoma se o paciente é adulto ou infantil, non requiren cambiar os parches, o que permite unha intervención máis rápida e eficaz.
O Concello de Xove conta xa con persoal formado para o seu manexo e impulsará novos cursos de formación dirixidos a asociacións, clubs e colectivos, co obxectivo de que cada vez máis persoas saiban actuar correctamente ante unha parada cardiorrespiratoria.
Compromiso coa saúde pública
Con este investimento, Xove reforza o seu compromiso coa seguridade e coa saúde pública, consolidándose como un referente en cardioprotección e garantindo unha maior cobertura en todo o territorio municipal, tanto nas instalacións como nas festas e eventos ao longo do ano.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



