Cervo, 7 de agosto, 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, visitou hoxe ao alumnado do curso de iniciación á forxa tradicional que se está a desenvolver no obradoiro de Telmo Cao, na antiga nave de fundición do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, e que remata este venres.
O Concello colaborou unha edición máis nesta iniciativa cun prezo reducido para o alumnado, co obxectivo de facilitar o acceso á formación e seguir contribuíndo á preservación e difusión desta disciplina artesanal, estreitamente vencellada á historia e ao patrimonio de Sargadelos.
Durante a visita, a rexedora, acompañada polo propio Telmo Cao, puido coñecer de primeira man o traballo que están a realizar os 10 participantes nesta edición que volve contar coa colaboración do Concello de Cervo, 8 homes e 2 mulleres, chegados desde distintos puntos de Galicia, Alemaña, Cantabria e León, que durante toda a semana aprenderon as técnicas básicas deste oficio artesanal cunha formación eminentemente práctica.
A alcaldesa destacou que desde o Concello seguiremos apoiando iniciativas como esta, que contribúen a conservar os oficios tradicionais, a poñer en valor o patrimonio de Sargadelos e a atraer persoas interesadas na nosa cultura e na nosa historia desde diferentes lugares”.
Lembrou ademais que esta colaboración municipal continuará a vindeira semana coa celebración do curso de nivel 2, que permitirá ao alumnado seguir afondando nos coñecementos e técnicas da forxa tradicional da man de Telmo Cao.
García Caramés quixo poñer en valor o labor de Telmo Cao, “un referente da forxa artística que leva anos dedicando o seu talento e a súa experiencia á recuperación e transmisión deste oficio tradicional, facendo de Sargadelos un punto de encontro para persoas chegadas de diferentes lugares que queren aprender ou achegarse a este oficio.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


