Alfoz do Castrodouro, 11 de agosto, 2026. O Concello de Alfoz abre este mércores, 12 de agosto, o prazo de inscrición para os programas de conciliación vinculados á apertura do CEIP —Madrugadores e OES (Ocio e Estudo)— así como para as Escolas Deportivas Municipais de cara ao curso 2026/2027.
O período inicial de inscrición estará aberto do 12 ao 19 de agosto, co obxectivo de facilitar ás familias a organización do novo curso. Aínda así, as inscricións permanecerán abertas durante todo o ano escolar, permitindo novas incorporacións segundo as necesidades das familias.
Conciliación: Madrugadores e OES
O Concello mantén os programas Madrugadores e Ocio e Estudo, pensados para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e ofrecer ao alumnado alternativas educativas e de ocio fóra do horario lectivo.
A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, subliña que “é fundamental seguir ofrecendo recursos que axuden ás familias a conciliar e, ao mesmo tempo, garantir espazos educativos, lúdicos e deportivos para nenos e nenas durante todo o curso”.
Escolas Deportivas Municipais
A oferta deportiva inclúe as modalidades de fútbol, patinaxe, atletismo e pádel, dando continuidade ao compromiso municipal coa práctica deportiva e os hábitos de vida saudables entre a poboación máis nova.
A escola de fútbol comezará o 1 de setembro, mentres que o resto das actividades se desenvolverán segundo a programación establecida para o novo curso.
A alcaldesa destaca a boa acollida destes programas e lembra que manter aberta a inscrición durante o curso “permite dar flexibilidade ás familias e facilitar a incorporación cando xurda a necesidade”.
Como inscribirse
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición entre o 12 e o 19 de agosto, ou posteriormente ao longo do curso, en función da organización e dispoñibilidade dos servizos municipais.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



