Raquel Arias e Nicole Grueira destacan que desde a posta en marcha do servizo no mes de febreiro e ata finais de xuño, a provincia de Lugo rexistrou 40 atencións como resultado de 72 visitas a 48 concellos
Barreiros, 20 de agosto de 2026. A portavoz de Política Social do Grupo Parlamentario Popular Raquel Arias e a deputada Nicole Grueira puxeron en valor a consolidación dos CIM móbiles, recurso público e gratuíto implementado polo Goberno galego, de funcionamento itinerante, que complementa o labor dos 84 Centros de Información á Muller existentes en Galicia, como “unha ferramenta esencial para informar, asesorar e atender ás mulleres do noso rural fronte á violencia de xénero”.
“Falamos dun recurso fundamental para seguir afondando nunha maior concienciación e sensibilización da sociedade neste eido”, destacaron as deputadas populares durante unha visita a un CIM móbil en Barreiros, onde comprobaron de primeira man a atención individualizada, confidencial e voluntaria, cun enfoque integral e multidisciplinar, que ofrece este recurso, “co valor engadido de prestar un servizo de proximidade en concellos que non teñen un centro permanente”.
Desde a posta en marcha do servizo, no mes de febreiro, e ata finais de xuño, a provincia de Lugo rexistrou un total de 40 atencións de carácter social, psicolóxico e xurídico, como resultado de 72 visitas a 48 concellos. Destes, 19 recibiron máis dunha visita, o que evidencia a consolidación da intervención continuada naqueles puntos onde se identifican necesidades específicas.
As atencións psicolóxicas constituíron o principal ámbito de actuación do servizo na provincia lucense, ao representar o 72,5% do total das intervencións realizadas (29). A continuación, situáronse as atencións sociais, cun 22,5% (9). Por último, figuran as de índole xurídica, cun 5% (2 de 40). Case a metade das intervencións, o 45% (18), rexistráronse no mes de xuño, o que reflicte a consolidación dos procesos de seguimento das usuarias incorporadas ao programa.
O servizo desenvolve actualmente atención individual continuada en 7 concellos lucenses, nos que se realizan intervencións especializadas con mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas familias. Durante o mes de agosto, ademais, o CIM Móbil acudiu aos concellos de O Valadouro (día 10), O Corgo (11), Xove (12), Sober (13), Antas de Ulla (14) e Láncara (19); e ten previsto desprazarse a O Cervo (20), Monterroso (21), Muras (26), O Páramo (27) e Pedrafita do Cebreiro (28).
ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN E DIFUSIÓN
Por outra banda, dentro do balance de actuación na provincia de Lugo ata finais do mes de xuño, realizáronse actividades de sensibilización a pé de rúa nos concellos de Rábade, Portomarín, O Incio e A Pobra do Brollón, aproveitando celebracións feirais para incrementar o seu alcance. Ademais, desenvolvéronse dúas actuacións de difusión no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, concretamente nas facultades de Veterinaria e Enfermaría.
Os CIM móbiles complementan o labor que desenvolven os 84 CIM cos que conta Galicia. Estes últimos son un recurso que o Goberno galego traballa para consolidar e, con este obxectivo, o pasado mes de xuño aprobou en Consello a convocatoria dunha nova orde de axudas de cinco millóns de euros para financiar o seu funcionamento.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



