Viveiro, 24 de agosto de 2026. O Concello de Viveiro fai un chamamento a todos os romeiros e romeiras que participan na tradicional Romaría do Naseiro para colaborar na correcta xestión dos residuos xerados durante a celebración.
Conscientes da importancia de preservar o medio ambiente e garantir unha recollida eficiente dos residuos, o Concello habilitou catro puntos específicos para o depósito dos enseres na contorna da romaría.
Pídese ás persoas participantes que depositen os enseres exclusivamente nestes catro puntos habilitados, evitando deixalos noutros lugares da contorna. Esta medida busca facilitar os labores de recollida, tendo en conta a dificultade de acceso dos camións a determinadas zonas, especialmente en condicións meteorolóxicas adversas, que poden provocar o debilitamento do terreo.
Desde o Concello, lémbranse tamén os servizos municipais dispoñibles para facilitar a correcta eliminación de residuos:
Horario do Punto Limpo (Patarroa – Escourido):
Luns, mércores e venres: 08:00 – 14:00
Martes e xoves: 09:00 – 13:00 e 15:00 – 19:00
Sábados: 10:00 – 13:00 (excepto o 4º sábado de cada mes)
Servizo de recollida de enseres a domicilio (gratuíto):
Para mobles, electrodomésticos, cables, restos de poda, etc. A solicitude debe realizarse no teléfono 697 162 637.
Os días de recollida son os mércores e venres, do 1 de xullo ao 15 de setembro, así como en Nadal, Entroido e Semana Santa. O resto do ano, o servizo préstase os mércores.
O Concello agradece a colaboración de toda a veciñanza e das persoas asistentes ao Naseiro e lembra que o compromiso colectivo é fundamental para manter a contorna limpa e facilitar os traballos de recollida tras a celebración.




















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



