“O BNG terá que explicar por que non avanzou nada na aprobación do PXOM, que podería ser unha solución para evitar o derribo, que o PP deixou encamiñado e que eles meteron nun caixón estes sete anos”, afirman
Barreiros, 27 de agosto de 2026. O Partido Popular de Barreiros trasladou a súa solidariedade e apoio aos propietarios das vivendas de Lóngara ameazadas de derribo na procura dunha solución a unha situación que afecta directamente a varias familias.
Os populares lembran que se trata de persoas que actuaron de boa fe e amparadas por licenzas urbanísticas que eran plenamente válidas no momento no que foron concedidas e que contaban ademais cos correspondentes informes técnicos e xurídicos favorables. O PP sempre respectará as decisión dos tribunais pero esixe unha actuación política contundente e construtiva e por iso insisten en que “o Concello debe poñerse do lado dos afectados e explorar todas as vías legais posibles para evitar o derribo.”
Neste sentido, o Partido Popular lamenta que a alcaldesa e o BNG estean máis preocupados por buscar culpables, no pasado, que por traballar, no presente, para ofrecer unha solución aos seus veciños.
“O pasado xa foi xulgado. Agora o que toca é ser útiles aos veciños, deixar de mirar atrás e avanzar no PXOM”, sinalan os populares, que consideran especialmente grave que o actual goberno municipal leve sete anos á fronte do Concello sen culminar un planeamento que o propio BNG reclamaba con insistencia cando estaba na oposición.
NOVO PXOM
De feito, o PP pregunta directamente ao BNG: “Que fixeron estes últimos sete anos?” Os populares lembran que os nacionalistas reclamaban xa en 2005 a aprobación dun PXOM para Barreiros e que, vinte anos despois, o municipio continúa sen contar con ese instrumento de planeamento. Ademais, os afectados sosteñen que a súa tramitación se atopaba nunha fase moi avanzada e que se podían aproveitar traballos e informes realizados anteriormente.
“Se o PXOM pode ser unha vía para buscar unha solución e evitar o derribo, por que o BNG non o impulsa? Por que leva sete anos metido nun caixón?”, preguntan os populares.
ESCOITAR ÁS FAMILIAS
O Partido Popular considera que a actitude responsable e construtiva neste momento é escoitar ás familias, analizar todas as alternativas e acelerar a tramitación do PXOM, e non instalarse permanentemente na confrontación política.
Os populares lembran tamén que as licenzas foron concedidas con informes técnicos e xurídicos favorables e que non existe ningunha condena contra a corporación municipal anterior pola súa concesión. “Non se pode trasladar agora ás familias a responsabilidade dunha situación na que elas actuaron de boa fe”, sinalan.
AS DENUNCIAS DO BNG NA ORIXE DO PROBLEMA
O PP considera especialmente significativo o papel desempeñado polo BNG na orixe desta situación. Os populares lembran que, en 2005, o grupo municipal nacionalista presentou ante a Xunta un “escrito-denuncia” no que advertía da situación urbanística de Barreiros e reclamaba unha intervención da Administración autonómica. As propias familias recuperaron agora aquel documento para cuestionar a actuación do BNG.
Posteriormente, en 2007, a Dirección Xeral de Urbanismo, xa co goberno bipartito, acudía aos tribunais e presentaba un recurso contencioso-administrativo que remataría coa anulación xudicial das licenzas.
“O BNG estivo na orixe do problema e agora pretende desentenderse da solución”, denuncia o PP, que lembra que, ao longo dos anos, os populares tamén insisten en reclamar que se axilizase a aprobación do PXOM como unha posible vía para buscar unha solución urbanística e legalizar a situación das vivendas.
“Ninguén lles pide que incumpran as sentenzas, nin que cuestionen as decisións xudiciais. Pedímoslles que fagan política útil: que traballen, que busquen solucións e que aceleren o PXOM. Porque criticar o pasado non elimina os problemas nin os resolve; gobernar é precisamente evitar que os problemas dos veciños sigan sen solución”, conclúe o Partido Popular.


















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistirá este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



