Xove, 28 de agosto, 2026. Xove continúa coa celebración das súas festas patronais, que arrancaron onte cunha programación pensada para o desfrute en familia e que se prolongará ao longo destes días con actividades para todos os públicos.
A primeira xornada comezou pola mañá cun contacontos dirixido á infancia. Pola tarde tivo lugar o pregón das festas, a cargo de Oliver Escobar, seguido da representación da ópera rock O Camiño do amor, do grupo Claxxon, que ofreceu ao público unha proposta musical e escénica diferente.
Hoxe, no segundo día das festas, a programación retomouse pola mañá no Salón de Actos do Concello coa actuación da Maga Fani, que presentou o espectáculo Uns enredos sorprendentes, incluído no programa Ler Conta Moito. A actividade permitiu ás crianzas achegarse ao mundo da maxia dun xeito participativo e divertido, reforzando a aposta do Concello de Xove por incorporar propostas culturais e de lecer para a infancia dentro das festas patronais.
A celebración continuará esta tarde cunha das citas gastronómicas máis agardadas: a sardiñada popular, amenizada pola Charanga NBA, que reunirá veciñanza e visitantes nun ambiente de festa, música e convivencia.
Pola noite, a verbena será a protagonista, coa Orquestra Ritmo Joven e o Grupo América encargados de poñer ritmo á xornada e animar a festa ata entrada a madrugada.
O Concello de Xove anima a toda a veciñanza e ás persoas que visitan o municipio a participar nas actividades programadas e a desfrutar dunhas festas patronais que combinan cultura, tradición, gastronomía, música e diversión para todas as idades.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



