As actividades inclúen tarefas de limpeza e mantemento vencelladas á actuación arqueolóxica neste enclave no que o Goberno galego leva investido máis de 1M€
Castro de Rei, 31 de agosto de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañou hoxe no Castro de Viladonga, no concello lucense de Castro de Rei, os 18 participantes nun campo de voluntariado no que, destacou, “queda patente a implicación co noso patrimonio máis senlleiro das xeracións máis novas, e máis aínda cando se trata de mocidade galega que chega do exterior para coñecer as súas raíces”. Trátase dunha das iniciativas da campaña Modo Verán Activo que, neste caso, se organiza en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a través do programa Conecta co Voluntariado en Galicia.
Así, durante a visita, na que estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, o responsable de Xuventude do Goberno galego resaltou “a oportunidade tan especial que supón esta proposta para os mozos e mozas que veñen á terra do seus antecesores porque conviven con galegos e galegas nun ambiente diferente como é o vencellado á conservación dun xacemento”.
Referiuse así López Campos á participación neste campo de traballo das 16 persoas que viaxaron a Galicia desde A Arxentina, Cuba, O Uruguai e Venezuela respondendo á oferta de prazas da campaña de verán da Xunta e que se unen ás dúas persoas da Comunidade que tamén accederon á iniciativa. Ademais, apuntou, “conviven e colaboran co persoal técnico especializado que leva a cabo a actuación arqueolóxica no castro, na que este ano investimos 17.000€, elevando a achega dos últimos anos neste sitio histórico a máis de 1M€”.
Neste senso, tal e como lembrou o conselleiro, a mocidade de entre 21 e 30 anos, que desde o pasado 26 de agosto e ata o vindeiro domingo está no Castro de Viladonga, realiza actividades que lle dan continuidade aos traballos de conservación e mantemento iniciados en campañas anteriores ao abeiro do plan de actuación arqueolóxicas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Trátase de tarefas de limpeza e control da vexetación en estruturas escavadas, de apoio á consolidación de muros e estruturas e mantemento de elementos de interpretación e seguridade. Deste xeito, puntualizou, “os voluntarios reciben formación básica en materia de conservación, protección, divulgación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico”.
Os traballos compleméntanse con outras accións de lecer cultural como son a descuberta por Castro de Ribeiras de Lea, unha ruta polo río Azúmara, ou diversas visitas a outros puntos do territorio como, Lugo incluíndo o Centro de interpretación da muralla, a Coruña, unha excursión á Mariña (Ribadeo, praia das Catedrais, Museo do mar de San Cibrán, Area e Fociño do Porco, Charca de Vilalba), e tamén a Mondoñedo e Santiago de Compostela.
Oito campos de voluntariado en Lugo
A campaña Modo Verán Activo na provincia de Lugo suma un total de 2.672 prazas, das cales 140 corresponden aos campos de voluntariado que se desenvolven en oito localizacións. Trátase de Monte Cido, en Folgoso do Courel; Ancares, e Navia de Suarna; Castro e romaría de San Lourenzo, en Palas de Rei; Territorio Sonoro, no Incio; Fervenza das Polancas, en Quiroga; Samos, en Samos, e o do Castro de Viladonga, en Castro de Rei. En total, das 11.932 prazas da campaña, os campos de voluntariado estendidos por 40 enclaves de toda a Comunidade contan con 665 prazas.



















Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.



