‘Ir ó ceo’ asociámolo a un estado beatífico, de gracia, de felicidade… pola contra, a terra, como destino asociámola á morte, a falta de luz e visión, á tristura. Lembro hai xa pode que unha vintena de anos unha banda deseñada que xogaba con estas ideas. O argumento estaba baseado nun grupo humano nun planeta inhóspito. Chegaba unha nave espacial que facilitaba a entrada nela e os humanos entraban con ledicia nese obxecto que viña do ceo (e que supuñan que ía levalos ó ceo) mentres dende un centro de control unha conversa deixaba ver que ían destinados como traballadores escravos a minas noutro planeta. Un pouco máis aló, outro grupo humano tentaba afastarse dun oco pasaxeiro creado por unha especie de terremoto. Contra a súa vontade, caían uns poucos nel pensando morrer. Mais resulta que no subsolo había unha especie de paraíso… Ou sexa, unha versión de conto do dito ‘non hai mal que por ben non veña’ / non hai ben que por mal no veña.
Mentres, aquí na Terra, non contentos con emporcallar ‘o noso propio niño’ terrestre como diría Günther Gras e mesmo titulou un libro Juan Goytsolo, emporcallamos tamén o ceo para que nin a típica visión beatífica do ceo nin o conto da banda deseñada podan ter lugar de ningún xeito. Neste verán pasado téñense lanzado centos de satélites, que se engadiron ós milleiros lanzados con anterioridade. Uns poucos caeron á Terra e mesmo un anaco dun foi parar á Lúa, pero o balance neto é dun aumento de centos de corpos pululando polo espazo, arredor do noso planeta. Aí enriba hai restos doutros lanzamentos anteriores, pezas de diversos tamaños, de pequenos grans a grandes pezas que vagan de xeito incontrolado e incontrolable. Incontrolado porque moitos son demasiado pequenos e en demasiada cantidade como para levar o rexistro de posición de todos e cada un dos millóns (si, millóns xa) de obxectos derivados dos lanzamentos, viaxes espaciais, choques entre obxectos anteriores, etc. E incontrolables porque non se poden ‘teledirixir’ un a un, nin tampouco arrastras cunha rede ou cousa polo estilo nas cantidades necesarias. Hai intentos de mellorar a situación, mediante documentación dos lanzamentos e técnicas diversas de coidados e recollida, pero o problema está aumentando de xeito rápido. O problema, si, pois millóns de anacos descontrolados a velocidades de ata oito quilómetros por segundo son moi perigosos. Con esa rapidez, un gran de area que se cruce no camiño dun astronauta pode perforalo, e pasar a ser o propio astronauta só outro obxecto máis incontrolado en órbita. E calquera parafuso solto pode deixar inservible un satélite de telecomunicacións ou a Estación Espacial Internacional. É dicir, o noso propio lixo espacial está a se converter nun perigo para as nosas aspiracións espaciais. Ese é o chamado ‘efecto Kessler’.
Unha pequena reflexión final: Elon Musk, o home máis rico (en cartos) do mundo hoxe por hoxe, cun capital moitas veces superior ó que se podería acumular entre toda a xente da Mariña, ten falado de ir vivir a Marte para escapar dunha Terra convertida en vertedoiro de lixo, mentres unha das súas empresas lanza milleiros de satélites ó ano. Non sería unha especie de castigo que a súa propia merda orbital lle impedira saír dunha Terra que contribuíu a destruír cara un suposto ceo do que está a ser o principal emporcador? [Mentres, unha nota: as condicións de vida en Marte non creo que lle gusten, a máis de que a sociedade de apoio que tería para vivir aló por forza tería que ser ben exigua…]
















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



