Lugo, 31 de agosto de 2026. A Rede Museística Provincial de Lugo presentou este luns o programa de actividades didácticas para o curso 2026-2027, baixo o lema “Aprender a mirar, aprender a escoitar”
A oferta educativa, con propostas pensadas para as distintas etapas desde Infantil até Bacharelato, artéllase arredor de tres eixos: os fondos permanentes dos museos provinciais – tanto artísticos como arqueolóxicos-, o aproveitamento didáctico das exposicións temporais – que permitirá incorporar novas propostas cada trimestre – e os recursos da plataforma virtual Museo da Migración da RMPL.
A deputada de Cultura Iria Castro, a xerente da Rede Museística Encarna Lago ea directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro presentaron o catálogo de actividades na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, coincidindo coa montaxe da exposición “500 Mulleres na arte” de Concha Mayordomo que centrará parte das propostas didácticas para este primeiro trimestre.
Iria Castro subliñou “o importante traballo que realiza a Rede Museística ano tras ano para crear vínculos coa comunidade educativa e ofrecer propostas e materiais que relacionan as coleccións e espazos do museo coa súa propia vida e procesos de aprendizaxe, e que contribúen tamén a sensibilizar na conservación do patrimonio e da memoria”.
Encarna Lago resumiu a premisa que inspira o novo catálogo educativo, que sitúa os museos como “espazos de polinización cultural, educativa e social”, nos que adquirir “coñecementos e experiencias que reforcen a comunidade e favorezan a diversidade cultural”. “Esta programación non pretende ensinar unicamente que é unha peza arqueolóxica, quen pintou un cadro ou en que século foi creado un determinado obxecto. Queremos ir máis alá. Que unha peza nos leve a unha persoa; que unha persoa nos leve a unha historia; que unha historia nos leve ao territorio; e que o territorio nos leve a nós mesmos e á responsabilidade de coidalo”, expuxo.
Os simbolismos e significados da cor, a evolución das técnicas pictóricas, a historia da medición do tempo, procesos naturais como a polinización, a Romanización, a evolución da sociedade lucense ao longo do século XX, as desigualdades sociais e de xénero, as migracions ou acontecementos históricos como as Revoltas Irmandiñas son algúns dos contidos en que o estudantado poderá afondar a través das propostas didácticas, flexibles e adaptables ás necesidades dos grupos, incorporando diferentes linguaxes, ritmos, capacidades e formas de relación co patrimonio.
O catálogo completo está dispoñible en www.comunidadermpl.es. Poden realizarse consultas e concertacións no enderezo electrónico concertacionsrmp@gmail.com
Inauguración da exposición 500 Mulleres na arte
A Rede Museística acollerá nos dous vindeiros meses o proxecto expositivo «500 Mulleres na Arte» da artista e investigadora Concha Mayordomo. A mostra, que se inaugura o vindeiro 2 de setembro na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, reúne medio milleiro de debuxos de creadoras, téoricas, mecenas e xestoras de distintas etapas históricas, acompañados de cadanseu código QR con acceso ás súas biografias.
O proxecto constitúe unha achega historiográfica orientada a contribuír á corrección do nesgo de xénero no ámbito das Belas Artes, así como á recuperación da memoria de creadoras que, tras acadar recoñecemento na súa época, foron omitidas polos canons académicos tradicionais. Deste xeito, a proposta achega un recurso de referencia para a investigación na historia da arte contemporánea e os estudos de xénero.
Trala súa itinerancia por diferentes puntos do territorio estatal, a exposición preséntase nos centros da Rede Museística Provincial para achegar ao público este fondo documental e promover o recoñecemento das mulleres na historia da arte.
A proposta, que se insire no programa de actividades conmemorativas do 20º aniversario da Rede Museística. afonda no compromiso institucional co apoio á creación artística feminina.





















A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.



