Xove, 2 de setembro, 2026. Unha vez rematadas as festas patronais de Xove, a celebración continúa esta fin de semana na parroquia de Portocelo, que se prepara para vivir tres intensas xornadas festivas na honra da Nosa Señora. Os días 4, 5 e 6 de setembro, a música, a gastronomía e a tradición volverán ser protagonistas nun programa pensado para todos os públicos.
As festas comezarán o venres 4 de setembro ás 21:00 horas coa tradicional Festa da Paella de Marisco ao estilo Portocelo. Nesta edición, o encargado de cociñar e servir a paella será o coñecido tiktoker zamorano El Papi, que achegará o seu particular estilo a esta proposta gastronómica, amenizada pola Asociación Cultural Saíñas.
A partir das 23:00 horas, a música tomará o protagonismo cunha gran verbena a cargo do Dúo Musical La Hora Bruja e do Grupo Lecer.
O sábado 5 de setembro, as bombas de palenque anunciarán ás 10:00 horas o inicio dunha nova xornada festiva. Os actos relixiosos celebraranse ás 13:00 horas cunha misa solemne na igrexa de Vilachá, seguida dunha sesión vermú no campo da festa de Portocelo, amenizada polo Dúo Crazy.
Pola noite, a verbena contará coas actuacións das Orquestras Charleston Big Band e Cinema, e a festa continuará coa Disco Móbil Conxuro.
🚍 Servizo especial de autobuses
Co obxectivo de facilitar os desprazamentos e garantir a seguridade, o sábado haberá servizo especial de autobuses desde Viveiro, Xove, San Cibrao e Burela.
O programa festivo pecharase o domingo 6 de setembro cunha gran sesión vermú prolongada, que comezará ás 13:30 horas e estará amenizada polo Dúo Primera Línea.
A organización das festas corre a cargo da Asociación de Festexos A Medorra, que traballa durante todo o ano para ofrecer actividades á veciñanza e visitantes. A asociación agradece a colaboración das persoas e empresas que fan posible esta celebración.
O Concello de Xove, como entidade colaboradora, convida á veciñanza e a quen se achegue desde outros municipios a participar nas festas de Portocelo e a gozar dunha fin de semana na que a tradición, a gastronomía e a música volverán encher de ambiente a parroquia.
As festas de Portocelo supoñen a continuidade do calendario festivo do municipio tras as patronais de Xove, mantendo vivo o espírito celebrativo neste primeiro fin de semana de setembro e poñendo o broche final a un verán cheo de actividades por todo o concello.





















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



