O servizo municipal de atención temperá, gratuíto e desenvolvido en colaboración coas ANPAS, facilita a conciliación das familias desde primeira hora da mañá
Cervo, 8 de setembro, 2026. O Concello de Cervo pon en marcha este mércores, coincidindo co inicio do novo curso escolar, unha nova edición do programa Cervo Madruga, un servizo municipal gratuíto que ten como obxectivo facilitar a conciliación das familias nas primeiras horas do día.
Nesta nova convocatoria, o programa conta xa coa inscrición de máis de 30 crianzas entre o CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz, unha cifra que, segundo destaca o Concello, evidencia a boa acollida desta iniciativa por parte das familias do municipio.
Con motivo da posta en marcha do servizo, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, mantivo un encontro coas representantes das ANPAS dos dous centros educativos e coas monitoras que se encargarán da atención das crianzas, co obxectivo de abordar a posta a punto do programa e ultimar todos os detalles necesarios para o seu correcto funcionamento desde o primeiro día de curso.
A rexedora destacou que “Cervo Madruga naceu para dar resposta a unha necesidade real das familias, facilitándolles a posibilidade de deixar as súas crianzas no centro educativo desde primeira hora, cando moitas nais e pais teñen que incorporarse aos seus postos de traballo”.
García Caramés puxo tamén en valor “a implicación e colaboración das ANPAS e das monitoras, que son fundamentais para que este servizo funcione de maneira eficaz e adaptada ás necesidades das familias e dos propios centros educativos”.
O programa ofrece atención temperá desde as 7:30 horas, con diferentes opcións horarias segundo o centro educativo. No caso do CEIP de Cervo, o servizo pode prolongarse ata as 9:35 horas, mentres que no CEIP Península da Paz as familias poden optar tamén polo horario de 8:30 a 9:30 horas. As crianzas que accedan ao servizo desde as 7:30 horas dispoñen ademais de almorzo.
A alcaldesa subliñou que esta iniciativa “completa e reforza as políticas de conciliación que vimos impulsando desde o Concello de Cervo”, lembrando que o programa se suma a outros recursos municipais destinados a facilitar a organización das familias ao longo do ano, entre eles Cervo Concilia, que durante o período de vacacións escolares ofrece actividades para as crianzas.
“Queremos que as familias de Cervo conten con recursos que lles permitan conciliar e, ao mesmo tempo, que as súas crianzas estean ben atendidas, nunha contorna segura e con profesionais durante esas primeiras horas da mañá”, concluíu García Caramés.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



