A Vicepresidencia da Deputación colabora cos veciños de Augaxosa na organización dunha nova edición da Feira de Gando Cabalar
Lugo, 8 de setembro de 2026. O deputado de Medio Rural, Daniel García, participou na presentación da Feira de Gando Cabalar, organizada pola Asociación de Veciños de Augaxosa, que terá lugar este sábado, día 12, coincidindo coas festas parroquiais.
A Vicepresidencia da Deputación, a través da Área de Medio Rural, contribúe ao desenvolvemento desta cita coa achega de 5.000 euros, fortalecendo así a súa colaboración coas feiras cabalares que se celebran na provincia, especialmente na Mariña interior, e favorecendo a continuidade dunha tradición estreitamente ligada ao territorio.
Neste senso, Daniel García sinalou “o traballo da asociación veciñal á hora de manter unha feira documentada desde o século XVIII, e consolidada como unha das máis importantes da contorna e que, en anteriores edicións, reuniu arredor de 200 cabezas entre cabalos, eguas e poldros”.
A inauguración terá lugar ás 9.30 horas e repartirá máis de 800 euros en premios para as gandeirías que presenten un maior número de animais. Ademais, contará cunha mostra de razas autóctonas, demostracións de cestería e torneado de madeira, animación con música tradicional e postos de téxtil e alimentación.
Durante a xornada tamén se ofrecerán degustacións de hamburguesas de poldro de Pura Raza Galega, en colaboración coa Asociación de Criadores Puraga, como parte do programa de promoción de razas autóctonas “Un gusto rural, un rural degusto”.
Na contorna da feira poderase ver tamén a exposición “Gardiáns” de Jorge Arévalo, con imaxes que amosam o traballo diario nas ganderías, a pegada dos animais na cultura, os ciclos vitais ou as consecuencias dos lumes na actividade gandeira.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



