Ribadeo, 11 de setembro de 2026. Acisa colabora un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a décimo segunda edición mañá, 12 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial ribadense.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou que “dende Acisa estamos satisfeitos de poder colaborar un ano mais co Concello aportando as medallas de fin de carreira da décimo primeira Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar mañá, 12 de setembro. Todas as corredoras e corredores que rematen a carreira recibirán unha medalla conmemorativa xentileza da nosa asociación”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, destacou que “a Media Maratón é moi importante para a actividade económica do noso pobo, este evento vai mover a máis de 1000 corredores e corredoras, que xunto a acompañantes e familiares suporá que se acheguen á nosa vila preto de dúas mil persoas durante a fin de semana, e por iso creemos moi importante a colaboración con este evento. Moitos dos participantes xa chegan hoxe e outros quedarán ata o domingo, polo que poderán gozar da nosa hostalería e do noso comercio, algo que para nos ten moita importancia neste tramo final do verán”.
Desde Acisa Ribadeo “desexámoslles a todos unha boa carreira e que aproveiten para gozar da paisaxe pola que discorre esta Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que non deixa indiferente a ninguén”. E engadiron: “agardamos que os acompañantes tamén disfruten da súa estadía nesta vila”.
Na presentación das medallas conmemorativas da XII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais participaron o alcalde, Dani Vega, o técnico de Deportes, Iván López, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



