A alcaldesa, Dolores García Caramés, supervisou esta mañá os traballos xunto á Policía Local
Cervo, 11 de setembro, 2026. O Concello de Cervo está a levar a cabo os traballos de renovación e repintado da sinalización horizontal viaria en distintos puntos do núcleo de San Cibrao, cunha actuación financiada integramente con fondos propios municipais.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou esta mañá o desenvolvemento dos traballos xunto con efectivos da Policía Local, comprobando sobre o terreo o avance dunha actuación que ten como principal obxectivo mellorar a visibilidade da sinalización e reforzar a seguridade tanto de condutores como de peóns.
A intervención contempla o repintado de liñas de carril, pasos de peóns, cebreados, delimitación de prazas de estacionamento e diferentes símbolos e marcas viarias. Os traballos esténdense por diferentes rúas e espazos do núcleo urbano de San Cibrao, entre eles a avenida de Lieiro, Rúa do Cobo, Rúa do Xunco, a contorna do CEIP Península da Paz, Camiño Galdín, Rúa Emilia Pardo Bazán, Rúa das Areas, Rúa dos Campos, Rúa Concepción Arenal, Rúa Asturias, Rúa Manuel Antonio e Rúa Beiramar, entre outros.
A actuación responde ao desgaste producido polo uso continuado das vías, o tráfico e as condicións meteorolóxicas, que provocaron unha progresiva perda de visibilidade de parte das marcas viarias existentes. A renovación permitirá mellorar a definición da sinalización e contribuír a unha circulación máis segura e ordenada.
Tal e como explicou a alcaldesa, “estamos a realizar unha actuación moi necesaria para San Ciprián, porque unha boa sinalización horizontal é fundamental para garantir a seguridade viaria e facilitar a convivencia entre vehículos e peóns”.
A rexedora municipal destacou tamén que “desde o Concello queremos manter en boas condicións os espazos e servizos públicos e actuar directamente alí onde detectamos necesidades. Neste caso, estamos a renovar unha sinalización que se atopaba desgastada e que precisaba ser recuperada para ofrecer unha maior visibilidade e seguridade”.
García Caramés puxo en valor, ademais, o feito de que “esta actuación se executa con fondos propios do Concello de Cervo, o que demostra o compromiso do Goberno municipal coa conservación e mellora da nosa rede viaria e coa atención ás necesidades dos veciños e veciñas”.
A alcaldesa sinalou igualmente a importancia da coordinación coa Policía Local durante o desenvolvemento dos traballos, especialmente nun ámbito urbano con circulación rodada e peonil: “É importante que este tipo de actuacións se realicen procurando minimizar as molestias e garantindo en todo momento a seguridade dos usuarios das vías”.
O orzamento total previsto para a actuación ascende a 30.855 euros. Con esta intervención, o Concello de Cervo continúa avanzando no mantemento e conservación da rede viaria municipal, apostando por unhas vías mellor sinalizadas, máis seguras e adecuadas tanto para a circulación rodada como para os desprazamentos peonís.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.


