Ribadeo, 11 de setembro de 2026. Acisa Ribadeo realizou hoxe o sorteo da súa campaña da Volta ao Cole, unha iniciativa coa que a asociación quixo incentivar as compras no comercio local coincidindo co inicio do curso escolar e a chegada da nova tempada de outono-inverno.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “hoxe celebrouse en Acisa o sorteo da nosa campaña da Volta ao Cole, no que puxemos en xogo un total de 300 euros en vales de compra, repartidos en tres premios de 100 euros cada un. Os números agraciados foron o 5.072, o 8.384 e o 6.359”.
Pérez engadiu que “as persoas que posúan as papeletas correspondentes a estes números teñen ata o vindeiro 30 de setembro para reclamar o seu premio. Poderán facelo acudindo ás oficinas de ACISA Ribadeo, na Rúa San Roque, 57-baixo ou contactando coa asociación a través do WhatsApp no número 663 39 62 26. Aqueles premios que non sexan reclamados dentro deste prazo quedarán desertos”.
Pola súa banda, a presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, sinalou que “estamos moi satisfeitos co resultado desta campaña, na que se repartiron 10.000 rifas en moi poucos días, o que demostra unha vez máis que a cidadanía confía no comercio local de Ribadeo para realizar as súas compras de cara á volta ao cole e tamén para preparar a nova tempada de outono-inverno”.
Cruzado subliñou que “campañas coma esta permítennos seguir incentivando o consumo nos establecementos locais e ao mesmo tempo premiar a fidelidade das persoas que apostan cada día polo comercio de proximidade. Desde Acisa queremos agradecer tanto a participación dos clientes como a implicación dos establecementos asociados”.
A campaña da Volta ao Cole de Acisa Ribadeo contou coa cofinanciación da Xunta de Galicia, a través de Comercio Galego, dentro das accións destinadas á dinamización e promoción do comercio local.




















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



