Nota de prensa
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO ( 8 XANEIRO 2011) 39 INSCRITOS: 25 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | OMAR CABRERA MACIAS | 144 | 12 |
| SEGUNDO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 135 | 10 |
| TERCEIRO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 132 | 8 |
| CUARTO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 131 | 7 |
| QUINTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 126 | 6 |
| SEXTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 123 | 5 |
| SÉTIMO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 119 | 4 |
| OITAVO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 112 | 3 |
| NOVENO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 112 | 2 |
| DÉCIMO | ARTURO VIGO CASABELLA | 108 | 1 |
| MELLOR BOLADA | OMAR CABRERA MACÍAS | 63 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 55 | 6 |
| SEGUNDO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 46 | 4 |
| TERCEIRO | AITOR BOUSO GAVIN | 36 | 3 |
| CUARTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 18 | 2 |
| QUINTO | SAMUEL REY ÁLVAREZ | 18 | 1 |
| MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 28 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 55 | 6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 55 | 4 |
| TERCEIRO | MARÍA TERESA RAMOS FERNÁNDEZ | 54 | 3 |
| CUARTO | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 37 | 2 |
| QUINTO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 31 | 1 |
| MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA | 24 | 1 |
INCIDENCIAS DA 10ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE LAGO – Sábado, 8 XANEIRO 2011)
-Tarde fría.
-39 inscritos, 25 na Liga Senior, 7 na Sub 18 e 7 na Liga Feminina.
Liga Senior.- Victoria de Omar Cabrera Macías, un cubano afincado en Xove, que comezou a xogar a principio de temporada e que xa está a demostrar moi boas maneiras. Todo un atleta, xa que xogou ao beisbol no seu país, este trunfo permítelle pasar a oitava posición con 30 puntos. O segundo posto obtido por Ginés Rodríguez permítelle recuperar o liderato con 65 puntos, a costa de José Rafael González que pasa á segunda posición con 64, seguidos a máis distancia por Luis Rancaño con 56, Arturo Vigo con 55 e Moisés Rodríguez con 50. Bastante lexos quedan xa César Cancelos con 35 e Francisco Pérez con 31. Polo tanto, cremos que en condicións normais os cinco primeiros xogadores (Ginés, José Rafael, Luis, Arturo e Moisés) da tábaoa van ser os que se disputen os tres primeiros postos finais.
Liga Sub 18.- Igualdade máxima nesta Liga, onde os tres primeiros clasificados (Aitor Bouso, Daniel López e Salomé Cardoso) comparten o liderato con 35 puntos. Xa moi alonxados, Samuel Rey e Claudia Fernández con 14 e 11 puntos respectivamente, dahí que Aitor, Daniel e Salomé pelexarán seguramente, salvo unha sorpresa grande, polas tres posicións que dan opción aos grandes premios finais.
Liga Feminina.- A victoria e mellor bolada obtida por Dolores Meitín nesta primeira tirada do ano permítenlle acadar o liderato con 39 puntos, relegando á segunda posición a Carmen Roca, quen no nfoi capaz siquer de puntuar. Belén Meitín, que tampouco fixo unha boa tirada, continúa terceira, seguida por Concepción Piñeiro con 23 puntos e Salomé Cardoso con 21. Estas cinco xogadoras son as que se van a xogar, cáseque con toda seguiridade, os tres primeiros premios finais.
A Vindeira tirada, e segunda da Segunda Volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE PALMEIRO O VINDEIRO SÁBADO, 15 DE XANEIRO DE 2011.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
