Hoxe, aínda que a globalización económica fracasou seguimos vivindo nun mundo interconectado e interdependente que debera contribuír a un maior entendemento entre os pobos pero, pola contra, tamén vivimos atravesados por incertidumes de todo tipo e por unha acentuada e inxusta desigualdade que foi, nas sociedades democráticas occidentais, unha das consecuencias máis negativas da globalización económica.
Son estas dúas últimas características as que están detrás do malestar no que viven amplas capas das sociedades democráticas. Un feito que está a utilizar a ultradereita para medrar e gañar poder social e político, aproveitando as novas tecnoloxías como principal camiño para viralizar a súa propaganda demagóxica e poder así normalizarse e irse consolidando en sectores da poboación caracterizados por unha mentalidade gregaria e dependente e unha imperiosa necesidade de certezas e seguridade. Pero tamén, como nos dixo o teólogo protestante alemán Dietrich Bonhoeffer, por unha renuncia moral a exercer o pensamento crítico, producíndose, desta forma, unha adhesión acrítica a mensaxes simples e demagóxicos e narrativas cheas de odio, que acaban por radicalizar as mentes mais vulnerables e dependentes.
Neste contexto é cando a estupidez humana acada o seu maior perigo para se producir o desenvolvemento da extrema dereita, como se demostrou nos anos trinta do século pasado.
A estupidez humana foi un fenómeno moi estudado polo italiano Carlo Cipolla e polo devandito Dietrich Bonhoeffer, quen padeceu nas súas carnes a irracionalidade e a crueldade nazi, executada con toda normalidade, como nos describe na súa “Teoría da estupidez”, por miles de persoas do común que simplemente entregaron a sus autonomía mental e o seu propio criterio a un movemento criminal como o nazismo, converténdose en persoas obedientes, sen pensamento propio e con pleno convencemento de que estaba a representar unha visión do mundo universal e, polo tanto, a única válida e indiscutible que cumpría seguir cegamente.
E agora, despois de case un século e coñecidas as atroces consecuencias daquel movemento; como é propio da estupidez humana, semella que estamos no camiño de repetir unha historia semellante, cunha extrema dereita en pleno auxe que busca atraer aos sectores sociais máis vulnerables, mediante engano e manipulación, que pola súa ausencia de xuízo crítico, forza moral e autonomía mental, acaban amosando unha obediencia cega a consignas baleiras e soflamas cheas de odio e xenofobia que só serven para estimular a intolerancia e acabar provocando polarización social, fanatismo e violencia.
En definitiva, parece que estamos outra vez inmersos nunha guerra contra as sensatez, onde cada día cae nas garras da estupidez humana unha evidente certeza é xa nada se pode facer dende a atalaia da razón e da cordura.
E en España, como nos dixo o xenial Xerardo Tecé, todo empezou o día en que a Santiago Abascal lle preguntaron polas súas políticas de fiscalidade e a súa resposta foi clarificadora: “viva España”. Dende entonces ata hoxe vivimos un auténtico asedio da estupidez onde a sensatez, a razón e a cordura quedaron absoletas para poder neutralizarla e, polo tanto, calquera cousa pode ser posible.


















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



