Burela, 15 de setembro, 2026. A Asociación Esperanza, dedicada á loita contra o cancro, ten entre os seus obxectivos principais a sensibilización da sociedade na prevención desta enfermidade. Para continuar traballando nesa liña, o colectivo está a preparar dúas novas actividades.
A primeira delas coincidirá co Día Mundial de Loita contra o Cancro de Mama, o luns 19 de outubro. Esperanza está a perfilar a organización dunha actividade específica para esa data e xa ten confirmada a colocación de mesas informativas nos puntos habituais: o Hospital da Mariña e o Centro de Saúde de Burela.
A segunda actividade estará destinada ao alumnado de 6º de Primaria dos dous CEIPs de Burela, Os Castros e Vista Alegre. Para a súa realización, a asociación está a contactar con profesionais da Sanidade que impartan charlas á rapazada, ademais de perfilar o resto da proposta, que manterá un esquema similar ao do ano pasado. A data está aínda por concretar.
Lotaría de Nadal e calendarios
Esperanza vén de pechar a venda da Lotaría de Nadal, cumprindo os obxectivos marcados pola asociación. A lotaría non se vendeu só en Burela, senón que se espallou por toda a comarca.
Nestes días, o colectivo comeza tamén coa venda dos calendarios do vindeiro ano, que agardan cumprir novamente as metas establecidas.
Desde a asociación reiteran o seu agradecemento a toda a veciñanza que colabora, dun xeito ou doutro, con Esperanza para avanzar na consecución dos seus obxectivos. Lembran que se trata dunha loita permanente, pero que ano tras ano se observan avances na investigación, na prevención, na diagnose, no tratamento e na atención ás persoas enfermas e ás súas familias.
O colectivo quere expresar especialmente o seu agradecemento ás persoas asociadas, pola súa colaboración constante, e tamén a todas aquelas que se poñen en contacto con Esperanza para sumar a súa participación.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



