Cervo, 17 de setembro, 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, mantivo este mediodía unha reunión coa responsable da Unidade de Correos de Burela, Alejandra Castro, para coñecer de primeira man os servizos que a entidade ofrece á veciñanza e colaborar na súa difusión, tanto a través das oficinas como do reparto rural.
Desde o Concello destacaron a importancia de visibilizar todas as prestacións de Correos, que van máis alá do envío de cartas e paquetes. Grazas ao persoal de reparto rural, moitos trámites poden realizarse directamente desde o domicilio, evitando desprazamentos e facilitando o día a día, especialmente para persoas que viven en zonas rurais ou con dificultades de mobilidade.
Entre os servizos dispoñibles a través do reparto rural inclúense o envío de cartas e paquetes, cartas certificadas, sobres prefranqueados, paquetería de tarifa plana, compra de selos e embalaxes, así como a solicitude de voto por correo.
Correos tamén ofrece servizos á cidadanía como o pagamento de recibos e tributos —incluídas multas da DXT— e operacións financeiras a través de Correos Cash, que permite realizar ingresos e retiradas de efectivo, incluso con entrega a domicilio. A isto súmanse outros produtos como os distintivos ambientais da DXT, balizas de emerxencia, seguros AXA, servizos financeiros, lotería da Cruz Vermella, produtos solidarios de UNICEF, libraría e merchandising.
A iniciativa “Correos chega á túa porta” busca precisamente achegar estes servizos directamente aos domicilios mediante os carteiros e carteiras rurais, facilitando que a veciñanza poida realizar xestións sen saír do concello.
A alcaldesa subliñou a importancia de “dar a coñecer entre a veciñanza todos os servizos que temos ao noso alcance e que moitas veces descoñecemos”. Engadiu que “Correos ten unha presenza moi importante no noso concello e queremos colaborar na difusión destas prestacións, porque facilitan a vida das persoas e manteñen unha atención próxima, especialmente nas zonas rurais”.
García Caramés incidiu en que “é importante que os nosos veciños e veciñas saiban que o carteiro ou carteira rural pode ser tamén unha vía para acceder a determinados servizos sen ter que desprazarse a outras localidades”. O Concello anima á cidadanía a informarse sobre estas posibilidades e a consultar co persoal de reparto rural ou nas oficinas de Correos.
Dous puntos de atención de Correos en Cervo
Ademais dos servizos que se achegan aos domicilios, Cervo conta con dúas oficinas de Correos: unha situada na Casa do Concello e outra na avenida da Mariña, en San Cibrao. Esta presenza reforza a rede de servizos de proximidade e ofrece alternativas para realizar envíos e xestións.
A alcaldesa concluíu destacando que “contar con servizos no propio concello é fundamental para garantir unha atención próxima á cidadanía, e por iso consideramos importante colaborar con Correos para que todas estas posibilidades cheguen ao maior número posible de veciños e veciñas de Cervo”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



