O portavoz popular, Javier Castiñeira, considera que as recentes explicacións do alcalde sobre estas actuacións evidencian a preocupación do executivo local ante as críticas recibidas
Foz, 18 de setembro de 2026. O Partido Popular de Foz volve cuestionar os cambios de tráfico e o plan de mobilidade impulsados polo goberno de Cajoto, unha cuestión que os populares veñen criticando dende a súa implantación e sobre a que, segundo sinalan, o paso do tempo non fixo desaparecer o malestar existente entre os veciños.
O portavoz do PP, Javier Castiñeira, considera que as recentes explicacións do alcalde sobre estas actuacións evidencia a preocupación do executivo local ante as críticas recibidas.
Castiñeira asegura que as explicacións do alcalde evidencian que “algunha alarma lle debe soar” ante o malestar existente entre os veciños. “Algunha alarma lle debe soar ao señor Cajoto cando se pon a dar explicacións sobre os cambios de tráfico que fixou e agora queira maquillar unha realidade que vai en contra da opinión xeral dos veciños”.
O portavoz popular insiste en que os cambios introducidos no tráfico provocaron problemas que o PP xa advertiu en anteriores ocasións. “Todo o mundo en Foz sabe que os cambios de tráfico do señor Cajoto trouxeron moitísimas incomodidades e empeoraron a circulación”, sinala.
Para o PP, o problema non se limita a unha actuación concreta, senón a propio desenvolvemento do plan de mobilidade. “Os cambios de tráfico, ademais de ser un auténtico fracaso, foron gastacartos, cun custo aproximado duns 15.000 euros na redacción do plan que logo incumpriu en varias ocasións e de case 2 millóns de eiros nas obras realizadas entre aportacións da Deputación de Lugo e do propio Concello, de obras retrasadas, mal planificadas e que están causando, como dicíamos antes, incomodidades aos veciños dende o primeiro día ata o día de hoxe”, afirma.
Castiñeira considera que o goberno local debería asumir as críticas e revisar aquelas medidas que non estean funcionando. “Isa é a realidade, descontento, descontrol e incapacidade do señor Cajoto para recoñecer os fallos e rectificar, que sería algo lóxico e normal”, indica.
Finalmente, o portavoz do PP de Foz defende a necesidade de modificar aquelas medidas que están xerando problemas aos veciños. “Dende o Partido Popular estamos confiados en que, nun futuro próximo cando volvamos a gobernar, ese plan fallido poda ser modificado e rectificado para facer a vida aos veciños de Foz moito máis cómoda e moito máis moderna”, conclúe Castiñeira.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



