Ribadeo, 18 de setembro de 2026. Veciños da Avenida de América, na vila ribadense, protestan pola situación na que quedarán as súas vivendas e negocios despois das obras que se están executando na rúa e crearon un colectivo para defender os seus dereitos. Xa conta con máis de 30 membros e está en proceso de constitución como asociación.
A súa primeira acción foi solicitar unha reunión a pé de obra co alcalde de Ribadeo e co arquitecto municipal. O encontro tivo lugar este pasado mércores, pero o rexedor local non asistiu e a boa parte dos afectados non lles convenceron as explicacións do arquitecto municipal porque pretende suprimir os accesos a aparcamentos que os veciños teñen nas súas propiedades privadas, entre outras cuestións coas que non están de acordo.
Ante estas decisións, que consideran inxustas e que contradín a ordenanza do Concello de Ribadeo que regula a entrada de vehículos para aparcamentos exclusivos, os afectados mantiveron novas reunións nas que decidiron contactar con avogados expertos na materia para abordar a posibilidade de emprender accións legais contra os responsables do Concello de Ribadeo no caso de que se manteñan na súa postura contraria aos intereses dos afectados.
Os veciños da Avenida de América prexudicados por esta decisión do Concello de Ribadeo non entenden a postura dos responsables municipais porque o mantemento dos accesos aos seus aparcamentos particulares, que teñen desde hai varias décadas, non supón ningún custo para as arcas municipais nin prexudica a ninguén e ademais é perfectamente viable. “No comprendemos como el Ayuntamiento de Ribadeo quiere dañarnos de esta manera en vez de intentar contentar a todos los vecinos y propietarios, que es lo que hacen habitualmente los gobernantes de los municipios”, manifestan os afectados. Entre eles, ademais de vivendas, hai tamén negocios como un bar no cal os responsables do Concello pretenden prohibir o estacionamento de vehículos no seu aparcamento privado, o que suporía un dano tan grave para o establecemento que tería que pechar, como explica a súa propietaria.
Ademais, veciños e propietarios da Avenida de América quéixanse da supresión de prazas de aparcamento “en una zona muy frecuentada por usuarios del instituto de Secundaria, la escuela oficial de idiomas, la residencia de mayores, etcétera y en la que no hay otro lugar de estacionamiento posible”. Tamén protestan pola “impopular medida de la supresión de espacios verdes y zonas ajardinadas, que se sustituirán por cemento. Y los problemas de inundaciones generados por el arrancado de los parterres y la obra inacabada en el grupo Francisco Iglesias”. E non entenden tampouco como desde o Concello “se polemiza en lugar de buscar soluciones que den certidumbre a los residentes”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



