Trabada, 21 de setembro de 2026. O Concello de Trabada organiza unha nova viaxe dentro do programa “Viaxa co Concello de Trabada”, que nesta ocasión terá como destino Portugal. A actividade desenvolverase os días 6, 7 e 8 de novembro e permitirá ás persoas participantes coñecer Oporto, Aveiro e o Bom Jesus do Monte.
Esta iniciativa, que conta cunha moi boa acollida desde a primeira viaxe organizada polo Concello, busca ofrecer á veciñanza novas oportunidades para descubrir outros lugares, compartir experiencias e desfrutar de actividades de convivencia fóra do municipio.
O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, destaca que “este programa está a ter unha resposta moi positiva desde que organizamos a primeira viaxe. Para nós é importante ofrecer actividades que permitan á veciñanza coñecer novos destinos, pero tamén compartir tempo, relacionarse e desfrutar de experiencias en compañía”.
O rexedor pon especial atención nas persoas maiores: “Moitos dos nosos veciños e veciñas, polas circunstancias do traballo ou da súa vida, non tiveron no seu momento a oportunidade de visitar determinados lugares. Con estas viaxes queremos facilitar que agora poidan facelo, ao tempo que favorecemos a convivencia e creamos novos espazos de encontro entre a veciñanza”.
A viaxe terá lugar do 6 ao 8 de novembro, con saída o venres día 6 ás 7:00 horas desde a Praza do Concello de Trabada.
O prezo será de 280 euros por persoa e inclúe o seguro de viaxe e o transporte en autobús, dúas noites en habitación dobre nun hotel de catro estrelas, as entradas ás actividades e a manutención prevista no programa. En concreto, inclúense os almorzos tipo bufet do sábado e domingo, a comida e a cea tipo bufet do venres e sábado, así como a comida do domingo.
O prazo de inscrición abrirá mañá, martes 22 de setembro, ás 9:00 horas. As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición e realizar o pagamento presencialmente nas oficinas municipais, ata o 15 de outubro.
As prazas son limitadas e están destinadas inicialmente ás persoas empadroadas no Concello de Trabada. No caso de quedar prazas libres unha vez rematado o prazo de inscrición, poderán participar tamén persoas con familiares empadroados no municipio.
O Concello dá así continuidade a un programa que combina turismo, convivencia e participación social, achegando novas experiencias á veciñanza e, especialmente, ás persoas maiores.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



