Abastecemento de auga a núcleos rurais, adquisición dun vehículo motobomba, eliminación de barreiras arquitectónicas, mantemento e mellora de instalacions deportivas e apoio económico e loxístico ao tecido asociativo son as principais demandas
Lourenzá, 25 de setembro, 2026. A corporación municipal de Lourenzá vén de celebrar este xoves sesión plenaria cunha orde do día bastante reducida, pois máis aló da aprobación da acta anterior, da fixación dos festivos locais para 2027, a ratificación da resolución da alcaldía de adhesión ao Convenio de colaboración para a xestión compartida do Servizo de Atención Temperá que ían na parte resolutiva non había máis contido ca o que o BNG introducíu na parte de control cunha moción na que se propoñía a inclusión de partidas prioritarias para os Orzamentos Muncipais.
Esta moción redactada e presentada xa polo BNG no mes de xullo pasado formulábanse varias propostas de cara os orzamentos muncipais do 2026, orzamentos que ainda non se elaboraron cando está prácticamente rematando o ano. As propostas nacionalistas son as seguintes:
Priorizar as inversións que melloren a calidade de vida e melloren os servizos públicos municipais
“A elaboración duns orzamentos responsables exixe priorizar aquelas inversións e actuacións que teñan un impacto directo na calidade de vida dos veciños e veciñas de Lourenzá e que contribúan a mellorar os servizos públicos municipais, e ese foi sempre o noso obxectivo: que se prioricen os investimentos en función do interés xeral e colectivo, impulsando un modelo de municipio basado na igualdade de oportunidades, a seguridade, a accesibilidade, o fomento da participación cidadá e o fortalecemento do tecido asociativo” afirmou a edil nacionalista Belén Fanego.
Adquisición dun vehículo motobomba
Neste sentido, desde o BNG consideran necesario que os orzamentos municipais contemplen unha partida destinada a adquisición dun vehículo motobomba, unha inversión estratéxica que permitiría reforzar a capacidade de resposta do Concello ante incendios e outras situacións de emerxencia, dotando ao municipio de mellores medios para a protección das persoas e do sue patrimonio.
Abastecemento de auga a núcleos rurais
Outra partida imprescindible sería a destinada a dotar do servizo de abastecemento de auga aos núcleos do rural que carecen de conexión a rede publica municipal. Esta é unha reivindicación veciñal que o BNG xa tén levado a pleno en máis dunha ocasión.
Garantir a accesibilidade aos edificios municipais eliminando as barreiras arquitéctónicas
Do mesmo modo, afirman desde o BNG, resulta imprescindible avanzar decididamente na eliminación das barreiras arquitectónicas existentes nos edificios municipais. A accesibilidade universal non pode seguir sendo unha materia pendente. Todas as persoas teñen dereito a acceder os servizos públicos en condiciones de igualdade, polo que o concello debe planificar e executar as actuacións necesarias para adaptar progresivamente as súas instalacións.
Mantemento e mellora das instalacións deportivas
Belén Fanego considera igualmente necesario incrementar a dotación económica destinada a área de Deportes, favorecendo o mantemento e a mellora das instalacións deportivas, o apoio as entidades e clubs do municipio e á promoción da práctica deportiva entre a poboación de todas as idades.
Apoio económico ao tecido asociativo e axuda municipal nos trámites administrativos
Así mesmo consideran os nacionalistas que as asociacións culturais, deportivas, veciñais e sociais desenvolven unha labor imprescindible para dinamizar a vida de Lourenzá. Sen embargo, en demasiadas ocasións atópanse con dificultades administrativas e atrasos que dificultan o cobro das subvenciones municipais, obrigándoas incluso a adiantar recursos propios para desenrolar actividades de interese xeneral. Por eso, creen necesario incrementar a partida destinada as axudas ás asociacións locais e simplificar os procedementos administrativos, axilizando a resolución e o pago das subvenciones para que estas entidades podan desenvolver o seu traballo con maiores garantías.
Para o BNG estas accións responden a demandas amplamente compartidas pola cidadanía e representan inversións útiles, necesarias e asumibles dentro de unha planificación orzamentaria responsable, polo que presentarán unha moción no vindeiro pleno na que se recollen todas estas demandas.
É incomprensible que o goberno municipal vote en contra de propostas para os orzamentos que son vellas demandas veciñais, e cando eles mesmos recoñecen que son necesarias
Todas estas propostas formuladas polo BNG foron rexeitadas polo goberno municipal, “algo incomprensible e inaudito” afirma a portavoz nacionalista Belén Fanego que engadíu tamén que “así é imposible que funcione con eficiencia o concello, cando non se aproban os orzamentos e cando prácticamente está rematando o ano”. “Non é de recibo a resposta que se nos deus desde a alcaldía ao rexeitar as nosas propostas para os orzamentos argumentando que non se podian comprometer a cumprir os acordos da nosa moción porque non existen cartos para as partidas propostas por nós ainda que recoñeceron en pleno que as nosas propostas son necesidades reais”, concluíu.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



