Viveiro, 25 de setembro, 2026. O PSOE de Viveiro celebra que a Xunta de Galicia avance finalmente na execución da nova rotonda da Misericordia, unha actuación necesaria para mellorar a seguridade e facilitar a circulación, especialmente dos vehículos pesados.
Os socialistas consideran imprescindible contar toda a historia, porque esta actuación non nace agora nin é un proxecto que comezase coa chegada de Mariña Gueimunde á Alcaldía. Afirman que a rotonda da Misericordia podería estar feita desde hai anos.
O anterior Goberno socialista redactou o proxecto e realizou toda a tramitación previa necesaria, incluído o longo procedemento relacionado cos terreos de Costas e as xestións ante as diferentes administracións implicadas. Foi precisamente esa tramitación a que levou máis tempo. Cando finalmente se dirixiron á Xunta, o Concello xa fixera o seu traballo: había proxecto e estaba realizada a tramitación previa necesaria para poder avanzar na actuación.
Os socialistas subliñan que non acudiron á Xunta para pedir unha subvención para unha obra municipal, senón porque as estradas son de titularidade autonómica e era a Xunta de Galicia a que tiña que actuar. Engaden que nin sequera foron os responsables autonómicos os que se desprazaron ao Concello de Viveiro para abordar o proxecto, senón que foi o Goberno municipal quen tivo que acudir á Delegación de Pesca e Mar en Viveiro para reunirse cos responsables da Xunta. Alí presentaron o proxecto e explicaron todo o traballo realizado.
A resposta da Xunta foi que non había orzamento. E naquela reunión estaba Mariña Gueimunde, daquela representante da Xunta de Galicia. Estaba alí cando a Xunta lle dixo que non a Viveiro, e calou. Non reclamou diante dos responsables da súa propia administración que se acometese unha actuación necesaria para o seu municipio.
Pouco tempo despois cambiou o Goberno de Viveiro. E, de súpeto, cambiou tamén a resposta da Xunta. Agora hai investimento. Agora os responsables autonómicos desprázanse a Viveiro. Agora hai anuncios. E agora a alcaldesa presenta como un logro unha actuación que o anterior Goberno socialista deixara proxectada e coa longa tramitación previa realizada.
Por iso, desde o PSOE formulan unha pregunta: se a rotonda era necesaria daquela e é necesaria agora, se as estradas eran da Xunta daquela e seguen sendo da Xunta agora, e se o Concello xa realizara o traballo previo, por que daquela non había orzamento e agora si?
Para o PSOE de Viveiro, a sucesión dos feitos evidencia o trato político que recibiu o municipio durante os anos de Goberno socialista. “A rotonda podería estar feita desde hai anos. Non faltaba necesidade nin traballo por parte do Concello. Faltou a vontade da Xunta de Galicia para executala.”
Os socialistas consideran especialmente difícil de aceptar que quen hoxe reivindica esta actuación como alcaldesa estivese naquela reunión como representante da Xunta e non defendese diante da súa propia administración que Viveiro merecía esa inversión. “Esa é a diferenza que queremos que coñezan os veciños. Mariña Gueimunde reclama agora á Xunta desde a Alcaldía o que non lle reclamaba cando estaba na oposición e ocupaba responsabilidades no propio Goberno galego.”
Desde o PSOE considérase que este caso exemplifica unha forma de facer política que Viveiro non merece. “Nós queremos que a Xunta invista en Viveiro sempre. Cando goberna o PP e cando goberna o PSOE. Porque os cartos da Xunta non son do Partido Popular: son de todos os galegos e galegas.”
Os socialistas subliñan que a actuación conta co seu apoio porque é positiva para Viveiro e porque responde a unha necesidade pola que xa traballaron desde o Goberno municipal. Pero iso non significa aceptar que se reescriba o sucedido. “Alegrámonos de que por fin se faga. O que lamentamos é que non se fixese cando xa podía facerse. E a alcaldesa terá que explicar por que agora reclama e anuncia o que non defendeu cando estaba do outro lado, formando parte da Xunta de Galicia.”
Para o PSOE, a conclusión política é clara: Viveiro non pode depender da cor política de quen ocupe a Alcaldía para recibir os investimentos que necesita. Porque durante aqueles anos o “non” da Xunta non era un “non” a María Loureiro nin ao Partido Socialista. Era un “non” a Viveiro.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



