O portavoz do BNG Miguel Gómez lembra que xa advertira no pleno de xullo da necesidade de adoptar medidas preventivas ante a situación de seca e reclama ao goberno local que actúe de inmediato
O Vicedo, venres 25 setembro 2026. O BNG de O Vicedo insta ao goberno municipal a adoptar de inmediato todas as medidas necesarias para asegurar o subministro de auga ás veciñas e veciños das parroquias de San Román, Riobarba e Cabanas, que están a sufrir problemas de falta de auga debido á seca e á ausencia dunha rede municipal de abastecemento.
O portavoz nacionalista, Miguel Gómez, lembra que esta situación “non é imprevisible”. No pleno de xullo, o BNG xa advertira ao executivo local da necesidade de tomar medidas preventivas ante a seca. “Lamentablemente, non se actuou con antelación e hoxe hai familias que teñen dificultades para acceder a un servizo tan básico como é a auga”, afirma.
Medidas inmediatas e planificación a longo prazo
O BNG considera prioritario garantir o abastecemento inmediato ás persoas afectadas, adoptando todas as actuacións ao alcance do Concello mentres persistan os problemas nos pozos.
Ao mesmo tempo, sinala que este episodio evidencia unha problemática estrutural que afecta ao conxunto das parroquias do municipio. Por iso, reclama que se inicien canto antes as valoracións técnicas e os proxectos necesarios para ampliar e mellorar a rede municipal de abastecemento de auga.
“Non podemos actuar só cando o problema xa chegou ás casas. É necesario anticiparse e dotar o municipio das infraestruturas necesarias para garantir un abastecemento adecuado tamén nas parroquias”, subliña Gómez.
Planificación e análise das necesidades
O BNG defende que o Concello debe realizar unha análise das necesidades actuais, estudar as posibilidades de conexión e ampliación da rede e identificar as actuacións prioritarias para garantir un servizo básico e seguro, especialmente en períodos de seca.
“O que está pasando agora en San Román, Riobarba e Cabanas pode repetirse en calquera outra parroquia. Esta situación debe ser unha chamada de atención para actuar xa”, conclúe o portavoz nacionalista.
O BNG reclama así ao goberno local que dea unha resposta inmediata ás persoas que están sen auga e que, paralelamente, poña en marcha os traballos técnicos necesarios para avanzar na ampliación da rede municipal de abastecemento.
























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



