Muras, 27 de setembro, 2026. Unha representación de cargos orgánicos e institucionais do BNG asistíu hoxe á Feira do Poldro en Muras. O deputado no Parlamento Daniel Castro, a deputada Ariadna Fernández, de Gandería e Industrias Alimentarias no Parlamento, xunto co deputado provincial de Medio Rural Daniel García, o responsable e a vicerresponsable do BNG na comarca, Antonio Veiga e Iria Cotelo acompañaron ao alcalde Manuel Requeixo e as concelleiras Paula Gómez e Azucena Camba nesta importante feira do outono que se celebra na Gañidoira.
Os nacionalistas, por medio da súa deputada no Parlamento, responsable de temas de Medio Rural, Ariadana Fernández destacaron “a importancia do gando equino e especialmente das razas autóctonas propias para o mantemento dos montes e para conseguir a sustentabilidade ambiental e a prevención de incendios co manexo de gandería extensiva no monte e o seu pastoreo, algo que o BNG sempre defendeu e leva a práctica alí donde goberna, coma no caso de Muras colaborando desde o goberno municipal cos colectivos de gandeir@s”. Referíronse tamén a outra actividade moi importante en Muras como é a apicultura, tamén especialmente apoiada polo concello, que así mesmo tén unha feira específica no mes de novembro.
MARCA MURAS, unha marca propia para promocionar os produtos do terrritorio
Hoxe presentouse tamén a Marca Muras, que é unha marca colectiva do territorio de Muras, un selo común para vender produtos de calidade co nome de Muras. “Muras é un territorio único donde gando e veciños manteñen unha paisaxe milenaria. Agora con esta marca teremos un nome recoñecido e poderáse vender mellor, porque esta marca busca que o valor do noso se traduza en prezo e imaxe do territorio” afimou o alcalde Manuel Requeixo.
Son moitos produtos os que poden levar a marca, e os que tenen máis potencial a día de hoxe son a carne de vacún, o poldro do Xistral, o mel de montaña, a castaña, a verza de muras ou os cogumelos, entre outros.
Este novo proxecto do Concello de Muras conta co apoio da Área de Medio Rural daVicepresidencia da Deputación de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela e entidades do sector. O deputado provincial de Medio Rural Daniel García incidíu tamén nos beneficios desta marca: “Muras está no foco e a marca aproveita esta visibilidade para os produtos e para o territorio: turismo, feiras, redes….” E recalcou tamén a importancia do apoio técnico que van ter os produtores e produtoras para a xestión da marca ou para pedir axudas, reducindo tamen a burocracia.
Máis Muras no rural. Máis BNG nos concellos
Daniel Castro incidíu na necesidade de que existan máis concellos coma Muras, volcaldos no rural, facilitando a vida neste medio e favorecendo o seu desenvolvemento “é preciso máis Muras, é preciso maís alcaldes coma Manuel Requeixo e o seu equipo de goberno, con Paula Gómez e Azucena Camba ao frente de importantes áreas, mellorando as dotacións en infraestruturas e servizos e que en temas coma os da enerxía actúen en favor da veciñanza e non en favor das eléctricas” afirmou o deputado mariñao.
A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación e PURAGA, dous grandes apoios nesta feira
Manuel Requeixo, o alcalde nacionalista de Muras referíuse tamén ao gran traballo que desenvolve a Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo da que é responsable o tamén deputado mariñao Daniel Garcia: “é un apoio importantísimo para esta feira, tanto a nivel económico como noutro tipo de colaboracións que tamén desenvolven por todos os concellos da provincia, e aportan novas ideas coma o programa “Un gusto de rural, un rural de gusto”, promocionando os nosos produtos. E é de agradecer tamén o gran traballo que está facendo coas razas galegas PURAGA, un colectivo importantísimo tamén nesta feira”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



