O Vicedo, 28 de setembro, 2026. O BNG do Vicedo levará ao próximo pleno municipal unha proposta para impulsar a creación dun Centro Galego de Valorización de Plásticos Agrícolas, unha iniciativa coa que a formación nacionalista busca situar O Vicedo á vangarda da economía circular e da xestión dos residuos do sector primario.
O portavoz municipal do BNG, Miguel Gómez, explica que “a agricultura e a gandaría galegas xeran cada ano miles de toneladas de residuos plásticos, como o film de silo, os plásticos de acolchado, as mantas térmicas ou as tubaxes de rega”. Engade que trasladar estes materiais a longas distancias supón un custo económico elevado e un impacto negativo en termos de pegada de carbono.
Gómez considera que o municipio “ten a oportunidade de converter un problema ambiental nunha oportunidade de futuro, xerando actividade económica, emprego e novas posibilidades para O Vicedo”.
A proposta defende que o Concello lidere o proxecto e manteña a titularidade e o control da infraestrutura, mentres que a operativa técnica, a xestión industrial, o mantemento e o procesamento se articulen mediante un modelo de colaboración público-privada con empresas especializadas. O obxectivo é crear unha planta de referencia capaz de atender as necesidades do sector agrogandeiro galego e favorecer a valorización e reciclaxe dos residuos plásticos.
“Queremos que O Vicedo sexa coñecido tamén por ser pioneiro en economía circular e por ofrecer solucións para o conxunto do territorio”, afirma Gómez, lembrando que actualmente Galiza carece dunha infraestrutura especializada nesta tipoloxía de residuo.
A moción propón iniciar contactos coa Xunta de Galicia, o IGAPE e outras administracións para explorar vías de financiamento e apoio ao proxecto, así como coas organizacións agrarias e cooperativas para estudar a súa viabilidade.
Desde o BNG destacan que se trata dunha proposta “ambiciosa, pero realista”, que busca aproveitar a situación xeográfica privilexiada do Vicedo, a súa proximidade aos principais corredores gandeiros do norte galego e a súa capacidade para acoller proxectos que impulsen o desenvolvemento económico e a creación de emprego.
“O Vicedo ten capacidade para liderar proxectos innovadores. O que propoñemos é dar un paso adiante e poñer o noso concello no mapa da economía circular galega”, conclúe Miguel Gómez.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



