José Manuel Balseiro reclama que Europa diferencie as artes pesqueiras segundo o seu impacto real e revise as restricións ao palangre de fondo á luz das novas evidencias científicas
Madrid, 28 de setembro de 2026. A Comisión de Pesca do Senado apoiou hoxe -coa abstención do PSOE- a iniciativa defendida polo senador mariñán José Manuel Balseiro para reclamar a revisión das restricións impostas pola Unión Europea á pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico nororiental e un tratamento diferenciado para o palangre de fondo. “Protexer o mar, si. Pero protexer non significa prohibir indiscriminadamente: significa coñecer o impacto real de cada arte e actuar onde a ciencia acredite que existe un risco”, afirmou Balseiro. O senador insistiu en que “non se pode meter no mesmo saco o palangre e o arrastre cando teñen impactos diferentes sobre o fondo mariño”.
Balseiro lembrou que a frota leva “catro anos de restricións e catro anos de prexuízos” por unha decisión cuxa falta de diferenciación xa fora cuestionada no seu momento. “Catro anos despois seguimos pedindo que se corrixa o que xa sabiamos que estaba mal. Pero agora hai unha diferenza fundamental: contamos con evidencia científica específica”, sinalou.
O senador sinalou que a propia Secretaría Xeral de Pesca recoñeceu que, ao elaborar a normativa europea, non se avaliou correctamente o impacto real de cada arte. “Se o propio Goberno admite esa deficiencia, ten que explicar por que os pescadores levan catro anos soportando as súas consecuencias e, sobre todo, conseguir que se corrixa”, afirmou.
MENOS DECLARACIÓNS E MÁIS RESULTADOS EN EUROPA
Balseiro pediu ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “menos reacción e máis anticipación”. “Defender o sector pesqueiro é negociar e construír alianzas antes de que se aproben decisións que prexudican a frota. Non chega con lamentarse cando os barcos xa sofren as restricións”, advertiu. “Europa tamén somos nós. España forma parte do Consello e ten a responsabilidade de defender con eficacia os intereses dunha das principais potencias pesqueiras da Unión Europea”, engadiu. Neste sentido, pediu distinguir “entre reclamar e conseguir”: “O Goberno reclamou a revisión en 2022 e volve reclamala en 2026, mentres os barcos seguiron soportando as restricións. Agora temos unha oportunidade que non podemos volver desaproveitar”.
A iniciativa apoiada polo Senado insta ao Goberno de España a promover ante as institucións europeas a revisión das medidas, incorporar a nova evidencia científica e diferenciar as artes de pesca segundo o seu impacto real, de maneira que o palangre de fondo non quede sometido a prohibicións que os datos non xustifiquen.
CELEIRO, BURELA E O FUTURO DA PESCA
O senador puxo o foco en portos como Celeiro e Burela e nas persoas que dependen da actividade da frota palangreira. “Detrás de cada barco hai mariñeiros, armadores, lonxas, redeiras, transportistas, empresas e familias. Hai comunidades enteiras cuxo futuro segue ligado ao mar”, subliñou.
Balseiro recoñeceu o traballo do sector, da Organización de Produtores do Porto de Burela e dos investigadores que participaron no proxecto ISPAMER. “Os pescadores colaboraron, a ciencia fixo o seu traballo e agora correspóndelle ao Goberno conseguir que eses resultados se traduzan en decisións”, afirmou.
Tamén lembrou o apoio da Xunta de Galicia á frota desde a aprobación das restricións e chamou a sumar esforzos para lograr a súa revisión. “Os pescadores esperan solucións. Temos que levar a Europa unha posición firme, apoiada nos datos e capaz de conseguir resultados”, indicou.
Balseiro resumiu o acordo cunha palabra galega: “sentidiño. Sentidiño para protexer os ecosistemas vulnerables, para distinguir entre artes con impactos diferentes e para permitir pescar de maneira sostible onde a ciencia demostre que se pode facer. Protexer o mar e defender os nosos pescadores son obxectivos que deben avanzar xuntos”, concluíu.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



