Nota de prensa:
A Xunta aproba un Plano de Residuos caduco, antiecolóxico e insustentábel
13 de xaneiro de 2011. A Xunta vén de aprobar o Plano de Xestión dos Residuos Sólidos Urbanos 2010-2020 confirmando a aposta do goberno Feijóo pola incineración. Fronte á realidade das cifras que amosan o rotundo fracaso de SOGAMA, o novo PXRSUG aposta novamente pola incineración (que chucha o 60% do investimento en infraestruturas e o 48% do orzamento total) cunha nova incineradora no Sur sine loci, e a ampliación da de Cerceda. Asemade, os obxetivos de redución son ridículos (a crise económica ten feito máis nestes anos pola redución que a Xunta) e para a compostaxe, a Xunta fixa uns obxectivos para 2020 a metade do que hoxe xa cumpren as plantas de Nostián e Lousame. Velaí o “grande esforzo” de Feijóo e Hernández: cartos van para queimar o lixo (a cambio de prebendas eólicas) agrandando o monstro de SOGAMA, en troques de previr e compostar. Descarrega as ALEGACIÓNS E VALORACIÓN de ADEGA ao PXRSUG 2010-2020.
A parte do rato, un 12,5% dos cartos, investiranse en 7 novas plantas de compostaxe e un número indeterminado de “miniplantas” locais, para deste xeito cumprir sobre o papel coa Directiva Marco de Residuos (2008/98). Malia á escandalosa manipulación dos datos do PXRSUG (semella, por exemplo que Nostián e Barbanza non reciclan envases!!?, cando en 2008 triplicaban en porcentaxe a SOGAMA), a Xunta non pode ocultar que os sistemas alternativos xa cumpren a día de hoxe os obxectivos de reciclaxe do PXRSUG para 2020. O problema é pois SOGAMA e seu modelo, defendido contra toda lóxica polo PP, que afunde os índices de reciclaxe galegos a níveis de “Cuen-ta-mé”…
A redución, primeira prioridade e base de calquera sistema de xestión dos RSUs, ten tamén neste PXRSUG uns obxectivos ben cativos: o 10% no 2020 con respeito aos valores de 2009. Se só a crise económica foi quen de rebaixar a xeración de residuos case nun 1% anual, sen as institucións teren feito nada nen investido un só euro en redución, fixar o obxectivo do 10% para o 2020 gastando 56,1 millóns de € en políticas de prevención, reflicte ben ás claras a ineptitude/ineficacia/desleixo da Xunta por diminuir seriamente a produción de lixo.
Este PXRSUG 2010-2020 ten uns obxectivos para a compostaxe da materia orgánica en 2020 do 25%. A día de hoxe, Nostián e sobor de todo Barbanza superan de longo estes obxectivos (43,2% e 44,9% -netos- respeitivamente) mentres que SOGAMA e o modelo vertedoiro empatan cun 0%. O mesmo acontece coa recollida selectiva das outras fraccións, p. ex. o vidro: Nostián e Barbanza xa están nos obxectivos de 2020 gañando por goleada a SOGAMA ao igual que no resto das fraccións, malia á “incineración” interesada dos datos sobre recollida de envases de Lousame e Nostián que para a Xunta do PP é prácticamente cero en 2009 cando en 2005 (datos do PXRSUG do bipartito) chegaba ao 41%, fronte ao ridículo 10% de SOGAMA. Isto revela que SOGAMA e o seu modelo incineratorio afunde os índices de recollida selectiva e reciclaxe galegos a níveis terceiromundistas, mentres que os dos sistemas alternativos sitúanse en liña ou por riba das previsións máis avanzadas de Europa.
A incineradora de SOGAMA está consumindo actualmente máis enerxía da que produce. Según a memoria de actividade da compañía en 2008 a incineradora xerou 459.867 Mw e consumiu 507.914 Mw de gas natural para secar a auga dos residuos. Este ruinoso negocio levou a que a nova propietaria de SOGAMA, Gas Natural-U. Fenosa pensara en vender o 49% que ten en SOGAMA. Con tais precedentes, a Xunta pretende que o capital privado financie o 82% do orzamento do PXRSUG, en particular outra custosísima incineradora (230 millóns de €, a metade do orzamento total). E todo isto, a cambio de que? A aperta de Galán (Presidente de Iberdrola) a Feijóo no Obradoiro pode ter que ver con algo máis que muíños e encoros.
Finalmente, a temporalización das actuacións (posta en marcha das novas instalacións no 2014) fará que de facto este PXRSUG non chege a aplicarse. A Xunta de Feijóo so quere cumprir o expediente fronte a Europa, dándose por satisfeita co recentemente aprobado “recrecido” do vertedoiro da Areosa en Cerceda: máis lixo enriba do lixo, e tiramos até eleccións de 2013. O mesmo cabe pensar da teima por manter a ubicación da incineradora do sur e demáis infraestruturas en segredo: a consigna é evitar abrir máis frontes nas rúas e posíbeis repercusións electorais. Como senón pode explicarse tal “secretismo” sobre a ubicación, cando precisamente esta é un dos factores determinantes para a correcta planificación de todo o sistema?





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



