Alfoz, 9 de outubro, 2026. O Concello de Alfoz vén de executar e certificar as actuacións de modernización e accesibilidade da ruta Pena Abaladoira–Fervenza de Escouridal, na parroquia do Pereiro. O obxectivo é reforzar a posta en valor dun dos principais recursos naturais e turísticos do municipio.
O proxecto contou cunha subvención de 14.985 euros da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, dentro da convocatoria destinada á conservación, recuperación e posta en valor do patrimonio natural e cultural nos espazos protexidos de Galicia.
A intervención incluíu a actualización dos paneis interpretativos, incorporando novos contidos sobre paisaxe, biodiversidade, xeomorfoloxía e patrimonio natural. Tamén se instalaron novos paneis informativos e renovouse a sinalización con frechas direccionais para facilitar a orientación ao longo da ruta.
A actuación incorpora recursos dixitais, códigos QR e contidos multimedia que amplían a información dispoñible para as persoas visitantes, favorecendo o coñecemento dos valores naturais desta contorna da Serra do Xistral e da Rede Natura 2000.
A alcaldesa de Alfoz e responsable da área de Turismo, Efigenia Maseda, destacou que esta intervención “mellora os recursos turísticos das nosas parroquias e pon en valor unha contorna natural excepcional do Pereiro. Queremos que quen visite Pena Abaladoira e a Fervenza de Escouridal dispoña dunha ruta mellor sinalizada e con máis información”.
Maseda subliñou que “investir no patrimonio natural é investir nas parroquias e nas posibilidades que ofrece Alfoz como destino de turismo de natureza, sempre desde o respecto e a conservación da contorna”.
A actuación está financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Xunta de Galicia, no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027.
Con esta intervención, o Concello de Alfoz continúa avanzando na protección, conservación e promoción do seu patrimonio natural, ao tempo que reforza a súa aposta por un turismo sostible vinculado á natureza e á paisaxe.























Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



