A xornada celebrarase este domingo, 11 de outubro, na Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, en Sargadelos, con dúas conferencias abertas ao público, ás 18:00 e ás 19:00 horas
Cervo, 9 de outubro, 2026. O Concello de Cervo colabora na organización da xornada divulgativa ‘Entre o mar e o abismo’, organizada polo Espeleoclube Villaamil e Castro e Pozo Azul Project, que se desenvolverá este domingo, 11 de outubro, na Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, en Sargadelos, cun programa de dúas conferencias abertas ao público.
Na presentación da iniciativa participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e Gonzalo Villarmea, en representación do Espeleoclube, que destacaron a relevancia desta proposta para achegar á veciñanza o coñecemento do patrimonio natural e das exploracións subterráneas, tanto na costa da Mariña como noutros lugares de referencia internacional.
A xornada comezará ás 18:00 horas coa conferencia ‘As Furnas da Costa da Mariña’, a cargo de Xurxo Lourenzo, do EC Rei Cintolo. A charla permitirá afondar no coñecemento das furnas da costa de Lugo, un ámbito da espeleoloxía aínda pouco coñecido, mesmo dentro do propio colectivo de persoas afeccionadas e especialistas nesta disciplina.
A continuación, ás 19:00 horas, será a quenda de ‘Exploración do Pozo Azul’, que impartirá Xesús Manteca, do Espeleoclube Villaamil e Castro. Esta segunda conferencia achegará ao público o traballo que se está a desenvolver no Pozo Azul, unha cavidade de referencia mundial no ámbito do espeleobuceo pola súa dimensión e complexidade.
A exploración desta gran cavidade está a ser realizada por un equipo integrado por diferentes colectivos e participantes internacionais, entre os que se atopa o Espeleoclube Villaamil e Castro, con deportistas que contan con licenza federativa. Un proxecto que exemplifica a dimensión internacional destas expedicións e a importancia da colaboración entre equipos especializados para avanzar no coñecemento do mundo subterráneo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, animou a veciñanza e a todas as persoas interesadas a participar nesta actividade, que permite descubrir a riqueza e a singularidade do medio natural desde unha perspectiva diferente, coñecendo de primeira man o traballo de exploración, investigación e cooperación que hai detrás destas experiencias.
A entrada é aberta ao público, polo que desde o Concello convidan a achegarse este domingo á Sala Cultural Xosé Vizoso para gozar dunha tarde de divulgación, coñecemento e descubrimento arredor das furnas da costa lucense e das grandes exploracións subacuáticas.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



