O Pleno aprobou a integración do Concello no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a solicitude de inclusión no programa, que contará inicialmente cun máximo de 15 persoas usuarias
Cervo, 9 de outubro, 2026. O Concello de Cervo dá un novo paso no reforzo dos servizos de atención e apoio ás persoas maiores, dependentes ou en situación de vulnerabilidade coa súa adhesión ao programa “Xantar na Casa”, tras a aprobación no Pleno da integración do municipio no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e do convenio específico para a implantación deste servizo no termo municipal.
A iniciativa parte da necesidade detectada polos Servizos Sociais municipais de contar con medidas de apoio que permitan garantir unha alimentación equilibrada ás persoas que máis o necesitan, ao tempo que se favorece a súa permanencia no propio domicilio e se contribúe a evitar situacións de institucionalización.
O programa “Xantar na Casa” permitirá ofrecer un servizo de comida a domicilio, facilitando que as persoas beneficiarias poidan manter unha alimentación adecuada sen ter que abandonar o seu fogar.
A adhesión aprobada polo Pleno establece inicialmente un máximo de 15 persoas usuarias e contempla unha achega económica municipal de 1,95 euros por persoa e día, cun custo máximo anual estimado de 10.676,25 euros.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, sinala que “a posta en marcha de ‘Xantar na Casa’ supón incorporar un novo recurso á rede de atención social do Concello e, sobre todo, ofrecer unha resposta concreta a persoas que poden ter dificultades para garantir por si mesmas unha alimentación axeitada”.
“Queremos que as persoas maiores e dependentes poidan permanecer nas súas casas, na súa contorna e preto das súas familias durante o maior tempo posible, contando cos apoios necesarios para facelo con seguridade e calidade de vida”, apunta a rexedora.
García Caramés destaca tamén que “desde o Concello estamos permanentemente atentos ás necesidades que trasladan os nosos Servizos Sociais e a propia veciñanza, e neste caso consideramos que a adhesión a ‘Xantar na Casa’ é unha ferramenta moi útil para complementar os recursos municipais existentes”.
“Falamos dun servizo que vai máis alá de facilitar unha comida: é tamén unha medida de apoio, acompañamento e autonomía persoal, que pode contribuír a mellorar o día a día das persoas beneficiarias e das súas familias”, engade.
Unha vez que o convenio adquira plena vixencia, os Servizos Sociais do Concello de Cervo serán os encargados de tramitar as solicitudes.
A alcaldesa subliña que “seguimos ampliando e mellorando os recursos cos que contamos para atender ás persoas que máis apoio necesitan, apostando por políticas sociais próximas, útiles e adaptadas ás necesidades reais da nosa veciñanza”.
Con esta adhesión, o Concello de Cervo continúa avanzando na creación dunha rede de apoio que favoreza a autonomía persoal, o benestar e a permanencia no fogar das persoas maiores e dependentes.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



