Posiblemente, este noso pobo asentado nunha terra marabillosa, se construíu en plenitude ao longo da Idade Media e se conformaría nesa etapa como un actor histórico aberto a todas as posibilidades que ofrecía aquela coxuntura.
Sería no paso do medievo ao Renacemento cando as nosas camadas dirixentes empezarían a abandoar o seu lexítimo protagonismo ata quedar o país descabezado, que na modernidade, lle faría perder gran parte da súa relevancia histórica.
Deste modo, na medida en que as nosas elites ían abandoando a súa auténtica misión de
ser vangarda e referentes dun pobo de seu, ían tamén trocando a súa auténtica función para acabar converténdose en simples instrumentos de forzas alleas ao país. Un proceder que deixaría orfo de liderado, de proxectos colectivos e de futuro e confianza a todo un pobo ata transformalo nun suxeito pasivo abandoado á súa sorte, encerrado en si mesmo e temeroso diante do futuro. Sempre á defensiva e totalmente desvalido se non termase dil o pasado. Rematando nos últimos séculos vivindo á marxe do poder pero padecendo a súas negativas consecuencias.
Todo o devandito rematou transformando a maioría das nosas xentes en seres cunha identidade de seu moi marcada pero desconfiados, retranqueiros e sumisos diante dos poderosos, acomplexados diante do diferente e sen a confianza necesaria en si mesmos para tentar protagonizar o seu destiño colectivo.
Desta situación, a mediados do século XIX empezarán emerxendo as primeiras conciencias críticas para acabar consolidándose no primeiro cuarto do século XX coa creación dun movemento galeguista que ten como obxetivo espertar conciencias e defender a identidade, potenciar a nosa personalidade e reivindicar a Galicia como un ente nacional. Este movemento remataría conectando cunha parte do sentir popular a raíz da elaboración e aprobación do Estatuto do 36.
Logo, nas últimas décadas do século, coa chegada da democracia e a aprobación do Estatuto do 81, o galeguismo tivo un moi distinto sentido e recorrido, impoñéndose un galeguismo deturpado, derivado dunha cultura política de subordinación a intereses foráneos, maioritariamente representado e impulsado polo Partido Popular que foi capaz de conectar cunha poboación maioritariamente descoñecedora da historia do seu país e que como consecuencia, viuse representada neste galeguismo banal e baleiro de contido político e cultural, moi alonxado do que representaba o concepto de galeguismo na súa orixe. Pero o importante é que lles funcionou como reclamo electoral, aínda sendo un galeguismo desvirtuado e afastado totalmente dunha vontade emancipadora e transformadora.
En definitiva, esta falta de compromiso con país da maioría das nosas elites, xunto á baixa autoestima e á falta de conciencia galeguista de gran parte das nosas xentes determinou a renunciar a exercer a misión de construirnos como un país con plena autonomía, orgulloso da súa idiosincrasia e esperanzado co seu futuro.
E posiblemente foi esta situación de renuncia do que autenticamente somos o que lle fixo dicir ao gran Laxeiro: ” Que marabilla de terra temos e que carallo de xente somos, coño!”




















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



