Viveiro, 10 de outubro, 2026. A campaña «Viveiro conta e o seu comercio tamén» puxo este sábado o seu broche de ouro cunha gran xornada de celebración na que o comercio local, a hostalaría e a participación cidadá volveron ser os grandes protagonistas.
O éxito de afluencia marcou unha xornada na que o vermuteo, a Ruleta de Premios e as actividades infantís congregaron numerosos veciños e visitantes. Pola tarde, a Praza Maior converteuse no epicentro da festa, cunha praza ateigada de público que agardaba con ilusión o momento máis esperado: o sorteo dunha viaxe a Nova York e de 2.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV).
A gran gañadora da viaxe a Nova York foi Mónica Fernández Chao, co número 08975. O sorteo repartiu tamén os 2.000 euros en vales de compra entre outras tres persoas premiadas:
Pedro Vicente Canoura, gañador de 1.000 euros co número 19736
Conchi Seara Cerdeiras, que recibiu 500 euros co número 09638
Conchi Ferreño Rodicio, premiada con outros 500 euros co número 029589
A entrega dos premios correu a cargo da presidenta do CCHV, Cristina Rodríguez; da directora provincial de Emprego e Comercio, Carmen López; e da alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde.
A expectación foi máxima durante o sorteo, que puxo fin a varios días de intensa actividade comercial e promocional. A música e a animación contribuíron a crear un ambiente festivo nunha tarde na que a cidadanía respondeu masivamente á chamada do comercio local.
🌤️ Unha mañá de vermuteo, premios e diversión para todos
As actividades da mañá rexistraron tamén unha excelente acollida. Os «Sábados de Vermuteo» volveron demostrar o seu atractivo, combinando a degustación de produtos da Praza de Abastos co vermú Botafumeiro, elaborado en Viveiro pola Vivariense, e a participación dos establecementos hostaleiros asociados.
A Ruleta de Premios foi outro dos grandes reclamos da xornada, cunha participación constante de clientes que puideron optar a numerosos agasallos directos. Unha iniciativa pensada para premiar a confianza no comercio de proximidade e agradecer o apoio da cidadanía aos negocios locais.
Os máis pequenos gozaron dun espazo propio con xogos alternativos, pintacaras, maxia e peque orientación, unha morea de actividades infantís que contribuíron a converter a xornada nunha auténtica festa familiar.
🛍️ Unha campaña para demostrar que o comercio local conta
A campaña, desenvolvida entre o 28 de setembro e o 10 de outubro, combinou promoción comercial, premios directos, actividades de animación e propostas de dinamización nas rúas, co obxectivo de incentivar as compras nos establecementos asociados e poñer en valor a importancia do comercio de proximidade.
Durante estes días puxéronse en circulación 50.000 Rascas e Gaña, con numerosos premios directos, e repartíronse rifas para participar no sorteo final por cada 5 euros en tickets de compra. O prazo para canxear os premios directos estará aberto ata o 31 de outubro.
Esta iniciativa, coa que o CCHV acadou o Premio Extraordinario do Comercio Galego 2026, volveu demostrar a capacidade do comercio local para mobilizar á cidadanía, dinamizar a economía e crear experiencias que van máis alá da propia compra.
Desde o CCHV destacan a extraordinaria resposta dos clientes, a implicación dos establecementos participantes e a boa acollida das actividades programadas. A asociación agradece tamén a colaboración de todas as persoas, entidades e profesionais que contribuíron ao éxito da campaña.
O peche desta edición deixa unha mensaxe clara: apostar polo comercio local é apostar pola vida das rúas, pola economía de Viveiro e polo futuro da vila.
Porque en Viveiro, o comercio conta.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



