Santiago de Compostela, 17 outubro 2026. A portavoz nacional, Ana Pontón, visitou Mondoñedo durante a celebración da Feira da San Lucas, para participar na presentación do candidato do BNG a Alcaldía, Eloi Cabanas, nas eleccións municipais previstas para o 23 de maio de 2027.
“É hora de abrir un tempo novo en Mondoñedo e dicirlle á veciñanza que aquí está o BNG para traballar a favor das súas vidas, por iso sei que tanto Eloi como o resto dos compañeiros e compañeiras van saír a por todas, sen poñerse límites, coa man tendida, falando con cada veciño e con cada veciña, mirándolle ós ollos para dicirlles que poden contar co BNG para construír un Mondoñedo mellor”, destacou.
A líder do Bloque amosouse convencida de que Eloi Cabanas será o próximo alcalde de Mondoñedo, “para deixar atrás todos estes anos de parálise, de desgoberno; para abrir unha nova etapa que permita poñer en valor todo potencial que hai nun lugar tan especial como Mondoñedo; un lugar con historia, con patrimonio, con tradición, con xente que cree e que confía en que aquí hai futuro, pero para iso, necesitamos que este volva ser un concello BNG”, argumentou.
Pontón apelou ao modelo municipal de éxito do BNG para poñer en marcha “unha gran transformación que implique máis calidade de vida, máis servizos públicos, mellores espazos urbanos; poñendo en valor todo potencial que temos nesta parte do País”, explicou. Neste sentido, o BNG deixou claro que tanto Eloi Cabanas como todo o seu equipo encaran o reto coa máxima ambición.
“Imos a por todas nas próximas eleccións municipais, sabendo que temos un candidato que está preparado para poder asumir a Alcaldía, que coñece este concello, que vai conformar un equipo sólido e solvente para darlle ese tempo novo que merecen os veciños e veciñas de Mondoñedo”, recalcou Pontón, quen se mostrou encantada de estar un ano máis na San Lucas, a feira máis antiga de Galiza e unha mostra de todo o potencial, riqueza e personalidade do rural.
Mondoñedo precisa abrir un tempo novo, apostar con ilusión e con ambición por un futuro mellor, recalcou Pontón, e para iso o BNG ofrece “un proxecto para avanzar e un gran candidato, a combinación perfecta para un Mondoñedo que merece máis, máis calidade de vida, mellores servizos públicos; merece máis dinamismo económico, social e cultural”.
En relación ao candidato, destacou o traballo realizado por Cabanas a favor da veciñanza ao logo dos anos e o seu coñecemento da realidade e das necesidades do municipio.
“Eloi coñece este concello como a palma da man, demostrou ao longo destes anos a súa capacidade de traballo aportando ideas e propostas a favor de Mondoñedo en todos os eidos; demostrou iniciativa á hora de defender sectores económicos moi importantes para esta vila como o comercio e o turismo e poñendo sempre ás persoas no centro”.
Pola súa parte, o candidato Eloi Cabanas destacou a “ilusión” coa que afronta o reto de postularse á Alcaldía para deixar atrás un goberno do PP que demostrou “que vai sen rumbo”. En contraposición, o BNG demostrou que ten proxecto de cidade “con propostas sobre movilidade e accesibilidad; de rehabilitación tanto para o casco urbano como para os barrrios periféricos; propostas para mellorar o comercio local ou para poñer en valor tanto o sector agrario como forestal”, explicou.
Cabanas subliñou que o seu obxectivo é darlle “un futuro mellor” a Mondoñedo e avanzou que redrobará os contactos coa veciñanza, con todo o tecido asociativo e productivo para recoller as súas inquedanzas e necesidades. Mondoñedo necesita abrir un tempo novo e imos traballar sen escatimar esforzos para que o teña”, concluíu.
Pontón aproveitou a visita a Mondoñedo para desfrutar da San Lucas cos responsables locais e comarcais do BNG e coa veciñanza, ademais de visitar a exposición de Jorge Arévalo, que pon en valor o medio, e de participar na inauguración da rúa adicada ao creador gráfico mindoniense Xosé Vizoso.


















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



