Antonio Ameijide explica que esta estrada provincial conta cunha elevada densidade de circulación polo que non se poden descoidar tarefas de mantemento básicas, así como o desbroce ou a limpeza de cunetas
Domingo, 18 de outubro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular reclaman, unha vez máis, ao goberno de PSOE e BNG “unha preocupación real polo mantemento da rede viaria provincial” xa que “a seguridade viaria non foi nin é unha preocupación para este goberno provincial á vista do nulo mantemento que realizan da súa rede viaria”.
Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro, xunto ao alcalde do Vicedo, Jesús Novo, comprobaron “como neste municipio a falta de mantemento das estradas provinciais tamén é unha triste realidade”.
Os deputados provinciais comprobaron, entre outras estradas, a LU-P-6402 que, entre outros puntos, presenta numerosas deficiencias á altura do PK5.300, aproximadamente.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, insiste na necesidade de renovar esta vía xa que, sobre todo nos meses de verán, conta cunha elevada densidade de circulación. “É preciso renovar o firme, así como non esquecer os desbroces e a limpeza das cunetas xa que a auga corre pola estrada, polo que aumenta o desgaste do firme e, como consecuencia, tamén diminúe a seguridade”, recordou.
Ameijide tamén recordou que neste mandato “xa pedimos en varias ocasións que a Deputación poña en marcha un plan de mantemento de estradas” pero “tanto PSOE como BNG sempre votaron en contra do mesmo”. Un plan que establecía que se dera prioridade a aquelas estradas nas que houbera máis anos que non se realizaban labores de mantemento ou nas que houbera que actuar de inmediato por motivos de urxencia e seguridade viaria.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



