Benigno Rodriguez Santamaría foi un modesto Cabo de Mar que de 1907 a 1910 (hai cen anos), comisionado polo Ministerio da Mariña, percorreo o litoral Norte e Noroeste, para realizar estudos de pesca, observando e anotando as costumes dos pescadores da referida costa.O traballo foi publicado en 1916 e hai algún tempo o Consello da Cultura Galega editou o facsímile do orixinal.
Con relación á Mariña di o autor que “como principal industria tiene la agricultura y la ganadería, y desde hace poco tiempo está fomentando la pesca, que al menos en la de la sardina ha sido hasta ahora más abundante que en las demás provincias del norte…” ”son buenos sus pescadores, pero hállanse bastante atrasados en instrucción…”. “ Ya aquí ha desaparecido la sidra (en relación ós portos de leste) y usan, además del vino tinto, las bebidas blancas, en particular la caña…y los habitantes pescadores alcanzan el mismo grado de desarrollo físico que los asturianos y montañeses, con una altura de 1,62 m. y un perímetro torácico de 92 cm. como término medio.”. “ Los pescadores de la provincia de Lugo son distintos a todos los demás del Cantábrico; carecen de Asociaciones, lo cual viene a perjudicarlos notablemente…”. “Aquí los pescadores suelen vestir pantalón de paño y chaqueta abierta de mahón en verano y de paño en invierno, ropa interior de bayeta y calcetines de lana áspera calcetada por algún miembro de la familia…”
En canto ás prácticas relixiosas “se conservan todavía bastante en las mujeres, pero en los hombres se nota la tendencia a prescindir de ellas …” “La propensión de la juventud para dedicarse a jaranas y diversiones son causa de que los jóvenes de hoy sean (no relixioso) ni siquiera sombra de lo que eran sus compañeros de hace un siglo”
“Se casan sin ceremonia alguna, llevándose bastante bien en el matrimonio,y llegan , por término medio, a reunir cinco hijos…”
Moitos outros aspectos daquela sociedade se describen no tratado: alimentación, habitación e hixiene; hábitos morais, recursos amais da pesca…
Un curioso documento que nos parece, nalgún aspecto, pouco riguroso.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



