Nota de prensa
NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA
Os populares: “seguemos sen saber se se pideu ou non a dichosa subvención de Cultura”.
Aseguran que quen bate records de irresponsabilidade política non é quen para dar leccións a ninguén.
.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, a raiz das manifestacións da concelleira de Cultura sobre a perda dunha subvención de Cultura por non pedila desde o Concello, indica que “logo de reler tales manifestacións, a única conclusión que sacamos é que tén un cabreo monumental, que fala de todo, pero xustamente non fala da dichosa subvención, e en ningún momento nos aclara se a pediu, e si a pediu por que non se concedeu, ou se non a pediu, e se non a pideu por que non a pideu, cando ese é o debate é non outros que ela se inventa no seu desesperado intento de aproveitar a mínima para decir que os do PP son esto ou aquelo e meterse co noso candidato”.
Os populares tamén consideran que “de facerlle caso a esta señora, resulta que o PP non fixo nada na Casa da Cultura: o goberno municipal do PP non acabou de pagar as obras da Casa da Cultura; o goberno municipal do PP non fixo a sala de exposicións; tampouco reparou a techumbre do edificio e da bóveda do auditorio; e tampouco se preocupou por mellorar a acústica do indicado auditorio, ou de ampliar a biblioteca. Todo foi obra desta señora desde que é concelleira de Cultura”.
Pero desde o GMPP indican que non permiten que esta concelleira lles dea leccións de nada, porque “quen bate recordos de irresponsbilidade política non é quen para darlle leccións a ninguén”. “Quen tén a honra de ser a primeira concelleira de cultura que deixa sen subvencións directas ós colectivos culturais de Burela, quen reparte cartos para os amigos e non tén mil ou dous mil euros para reparar unhas carrozas para a cabalgata; que a estas alturas ainda non asinou os convenios cos clubes deportivos para a temporada 2010-2011; quen puxo as axudas dos corenta euros, logo retrasou o pago e agora eliminounas; e quen despilfarro cincuenta e cinco millóns de pesetas en gastos diversos sen ningún tipo de control en 2009, non é quen para darlle leccións a ninguén. E esto sí que o saben os veciños e veciñas de Burela, e seguro que teñen tomada boa nota.
Por último, tampouco lle aceptamos leccións sobre vida social. Vamos a onde queremos e podemos. A nós non nos preocupa que o Bloque, por exemplo, non asista ós actos da Semana Santa, actos que, por certo, teñen tanta importancia coma calquera outro; grupo político, o BNG, que nunca participou, por certo, nos actos oficiais das festas, que curioso, hasta que entraron a gobernar o concello, e que tampouco antes se prodigaban moito nos actos culturais que organizaba o PP. O PP tén outras formas de facer vida social: onte pola tarde-noite falando con veciños de Burela de Cabo, hoxe pola mañán cos xubilados no mar na Moncloa, ou pola tarde cos representantes das ANPAs dos Centros de Ensino de Burela. Esa é a noso forma de facer vida social, falar con todos, e non falar con catro, como fai a concelleira de cultura burelesa


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



