Esta sociedade temos o norte perdido, xa que primeiro creémonos os mellores do mundo, montamos un país cheo de estandartes, chamadas comunidades, deputacións, concellos, fundacións comarcais etc. Todo elo moi bonito, xa eramos ricos e podíamos xogar a estas cousas, con tal de satisfacer ós caciquiños de cada zona, todo ía sobre rodas, isto no ámbito político.
No ámbito laboral, un pouco mais de mesmo, solo que sempre polo interese dos mesmos, e dicir, una empresa cando lle peta, por intereses económicos, prexubila a todos aqueles que pasen dos 50, é evidente que o traballador non ten nin voz nin voto, prexubilado e en certo modo contento, pero ven a segunda parte, resulta que temos traballadores con 65 anos traballando en
oficios duros e penosos, pero como son empresas pequenas ou autónomos, esos non contan, mentres os que teñen por dicilo así, chollos, esos prexubilados, e para remátalo en vez de arregar este desaguisado, poñémoslle un pouco mais de sal, para mellorar ou disfrazar o sabor, aumentan os 67 a idade de xubilación, ¿para quen¿, pos mesmos da prexubilación, e o resto que sufran un pouco mais, eso ou unha multiña si non pon o casco, non vaia aser que lle cague una gaivota na cabeza e eso
seña un accidente laboral, que esta moi mal visto.
Por elo dicir que esta sociedade estámonos volvendo un pouco tarabelos, e os que nos gobernan marionetas dos especuladores capitalistas, xa que por un lado están presionando para que non nos xubilemos mais tarde, e por outro en canto temos mais de 55 xa sobramos nas empresas que eles mesmos manexan, xa que somos vellos e rallantes, como se compón isto.
Srs. Governantes, déanse una volta pola rúa e falen coa xente, vexan o que hai, e despois poderán tomar unas decisión un pouco mais axeitadas, deixen de tarabelear.
Fernando Lopez Pedre



















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



