Nota de prensa:
Teñen como obxectivo facilitar o acceso igualitario dos cidadáns á alfabetización dixital
CINCO CONCELLOS DA PROVINCIA DE LUGO A FORMALIZARON XA A SÚA ADHESIÓN Á REDE DE AULAS CEMIT DE ACCESO PÚBLICO ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS
* Os municipios de O Vicedo, Riotorto, Sarria, Burela e Carballedo asinaron o protocolo de colaboración para incorporarse á Rede de Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica
* Está previsto que nos vindeiros días se sume a esta adhesión os concellos de Lugo e Ribadeo
* Desde estas aulas fomentarase o uso das TIC entre a poboación con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital
* Ademais promoverase a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrarase ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información
* A nova Rede nace coa vocación de estenderse por todo o territorio galego
Santiago, 22 de xaneiro de 2011.- Os concellos lugueses de O Vicedo, Riotorto, Sarria, Burela e Carballedo veñen de asinar o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para adherirse á Rede CeMIT, que ten como obxectivo promover o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación na poboación, especialmente nos colectivos onde a fenda dixital é máis evidente. Nos vindeiros días sumarase a esta adhesión os municipios de Lugo e Ribadeo.
A día de hoxe xa son 28 os concellos das catro provincias galegas que asinaron os acordos de adhesión e está previsto sexan un total de 53 os municipios galegos que conten con aulas públicas de acceso ás novas tecnoloxías integradas na Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMit). A Rede, que conta cun orzamento de 960.000 euros en 2011 ponse en marcha con vocación de estenderse a todo o territorio galego.
Achegas da Xunta e os Concellos
Coa sinatura destes convenios ultímanse as actuacións previas necesarias para a posta en marcha da Rede. Unha vez formalizado o convenio o seguinte paso para poder iniciar as actividades da Rede será que os concellos completen os trámites, nun prazo máximo de dous meses, para contratar ao Axente TIC, profesional que atenderá o centro. Segundo se establece nos protocolos de adhesión, os municipios que se incorporan á Rede CeMIT dispoñen dun local que cumpre os requisitos técnicos precisos e ocuparanse do seu mantemento. Ademais, a Xunta abonará aos concellos unha cantidade equivalente ao o 80% do salario do Axente TIC, sendo o municipio o que achegue o 20% restante.
O axente TIC ocuparase da promoción do uso das novas tecnoloxías entre a poboación, especialmente entre os colectivos con máis dificultades de acceso ás TIC, programando actividades e estratexias adaptadas.
A Administración autonómica porá á disposición do concello unha Carta de servizos e catálogo de actividades da Rede CeMIT, que inclúe cursos de formación, obradoiros, charlas. Ademáis facilitará un plan de formación continua para os axentes TIC, aos que tamén facilitará a infraestrutura tecnolóxica necesaria (portal web, correo electrónico, repositorio de contidos…), que lles permita desenvolver o seu labor e posta en común das súas experiencias.
Obxectivos
A Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ademais de fomentar o uso das TIC entre a poboación con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, tamén promoverá a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrará ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información. A Rede tamén difundirá os servizos da Administración electrónica e capacitará aos cidadáns para empregalos.
.
Público Obxectivo
Os diferentes servizos que se ofrecerán teñen como público obxectivo cinco colectivos: a cidadanía, na que se inclúen os desempregados, maiores, inmigrantes, mulleres e persoas con discapacidade; os profesionais das TIC, tanto ocupados como desempregados; as empresas, micropemes e autónomos; os empregados públicos; e os axentes territoriais, colectivo que agrupa aos servizos municipais, asociacións civís, empresariais, Ongs, Anpas etc.
Colaboración coa Fegamp
A Rede CeMit ten a vocación de achegar os contidos e os servizos tecnolóxicos en igualdade de oportunidades a todos os galegos. Con este obxectivo a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Federación Galega de Municipios e Provincias asinaron o pasado mes de abril un acordo para difundir, promocionar e potenciar a Rede, co obxectivo de que os concellos se sumen á iniciativa para que o novo modelo acade o maior ámbito xeográfico, institucional e social posible.





















Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.


